Novas | 3841 a 3850 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

15/04/2005
O Consello da Xunta aproba o decreto que regula a televisión dixital terrestre

A televisión dixital está cada vez máis preto. O Consello de Goberno da Xunta aprobou onte o decreto que regula o réxime xurídico, os requisitos, trámites e obrigacións da televisión dixital terrestre. Ponse en marcha o anuncio feito por Pérez Varela no pasado mes de novembro cando anunciou a creación de 84 canles de televisión dixital (catro autonómicas e 81 locais). Agora falta que o DOG publique o decreto ao que lle seguirá o concurso público para a concesión das canles privadas. En todo caso, o 4 de agosto é a data esixida polo goberno para que a televisión dixital terrestre sexa unha realidade.

Máis información sobre o consello da Xunta no seu web (en .pdf), a nova en La Voz de Galicia e El Correo Gallego; e sobre a televisión dixital terrestre no escáner de Vieiros . Amplía a nova>>

12/04/2005
Heroína, a película sobre Carme Avendaño, compite no Festival de Málaga

A vida de Carme Avendaño non foi precisamente un camiño de rosas. Gerardo Herrero quixo dirixir unha película que narrase a súa peripecia vital, o seu pulso contra o narcotráfico cando soubo que os seus fillos estaban metidos na droga. Continental coproduciu con Tornasol e o resultado formará parte das películas a competición no Festival de Málaga, o evento cinematográfico que exhibe os mellores traballos feitos estado. A cita será na cidade andaluza entre o 22 e o 30 de abril e a súa estrea nas carteleiras será o 6 de maio.

Máis información sobre a produción na súa ficha . Amplía a nova>>

11/04/2005
A Xunta directiva de Agapi nomea a Xavier Valiño como novo presidente da entidade

Javier Valiño é o novo presidente da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). Así o decidiu a xunta directiva nunha xuntanza celebrada o pasado luns que reestructurou a cúpula directiva para afrontar os dous retos máis inmediatos: a promoción exterior das empresas integradas neste consorcio e a súa actualización perante a era dixital que se aveciña. Valiño é director e produtor executivo de Aldea Films e substitúe no cargo a María Ignacia Ceballos que pasa a ser vogal. A Xunta directiva queda composta do seguinte xeito: Antonio Varela é vicepresidente, Luís Núñez é tesoureiro mentres que Domingo Díaz pasa a ser secretario. Pancho Casal, Enma Lustres e Dolores Ben completan a listaxe de vogais.

Máis información sobre Agapi na súa ficha . Amplía a nova>>

07/04/2005
Dygra inicia con “Memorias dun ollo de vidro” unha serie de proxectos para levar as obras de Castelao ao cine

A productora Dygra xa ten os ollos postos no seu seguinte traballo de animación. Segundo publica hoxe La Voz de Galicia, Dygra ten pensado adaptar a partir de setembro “Memorias dun ollo de vidro” de Castelao. O proxecto foi posible grazas ao acordo asinado coa Editorial Galaxia que, ten os dereitos de autor das súas obras e lle permite facer a curtametraxe de animación que estará prevista para o inverno. Agora ben, é o primeiro paso dun traballo máis amplo que quere adaptar ao audiovisual as obras do escritor de Rianxo.

Máis información en La Voz de Galicia . Amplía a nova>>

06/04/2005
Santiago acolle desde hoxe o I Encontro Audiovisual Galaico-Latinoamericano

Unha delegación de corenta persoas chega hoxe a Compostela para formar parte do I Encontro Audiovisual Galaico-Latinoamericano. Unha actividade que pretende fomentar as relacións entre o sector audiovisual e que organiza a Consellería de Cultura, o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Televisión de Galicia. No programa de actividades figura as visitas guiadas polos cascos históricos das cidades de Santiago, Vigo e A Coruña, as obras da Cidade da Cultura, as instalacións da CRTVG e unha canle local, así como sesións de traballo entre os asistentes para abrir vías de colaboración entre as empresas e os distribuidores.

Mäis información nestas notas de prensa 1 e 2 remitidas polo gabinete de prensa da TVG

. Amplía a nova>>

04/04/2005
A Televisión de Galicia promove catro filmes de televisión sobre textos de escritores actuais

Hai un tempo TVG emitía “Un mundo de historias”, unha miniserie producida polo ente público tomando como vas asuntos clásicos. A segunda parte dese proxecto non será unha serie senón, catro filmes de televisión completamente independentes e que se rodarán entre este verán e o que vén. Ademais da diferenza de formato, basearanse sobre textos de autores galegos contemporáneos. Os dous primeiros textos son “Patajorobí” de Xosé Cid Cabido cuxo guión elaborará o novelista Francisco Fernández Naval e “A biblioteca da Iguana” de Xosé Miranda será adaptada por Miguelanxo Prado. Na segunda tanda, os guionistas encargados de adaptar os relatos serán Xosé Luís Méndez Ferrín e Antón Lopo.

Máis información en La Voz de Galicia . Amplía a nova>>

04/04/2005
Está aberto o prazo de recepción de traballos no 1º Festival de curtametraxes de Redondela

Redondela tómalle o relevo a Tui e organiza o seu festival de cine. Será o do 22 ao 24 de abril e leva por título “Festival de Curtametraxes”. O evento organizado polo Cineclub Fantasio contará con dúas categorías, unha de ficción e outra documental galardoadas con 600 euros e unha estatuíña cada unha. Ademais, a organización estableceu tamén un premio do público dotado con 300 euros. O prazo de envío de traballos remata o vindeiro 12 de abril.

Máis información e bases no seu web . Amplía a nova>>

31/03/2005
“A Promesa” está dispoñible en DVD e emitirase nas televisións americanas

A coprodución de Pórtico SL “A Promesa” partir do vindeiro 15 de abril estará nunha cita internacional por partida doble. Por unha banda partipará no Philadelphia Film Festival e, pola outra, no Miami Latin Film. A produción dirixida polo realizador Héctor Carré (A Coruña, 1960) chegará ás cadeas de cabo americana HBO e TLA Releasing. No noso país está xa nos videoclubes trala distribución feita por Buena Vista.

Máis información sobre “A Promesa” na súa ficha . Amplía a nova>>

31/03/2005
Continental leva ao cinema a historia dun matrimonio de Cambre que son irmáns

Rosario e Daniel coñecéronse nunha discoteca madrileña en 1979. Daquel encontro saíu unha relación que se rompeu cando ambos descubriron que eran irmáns, pero superada a fochanca inicial decidiron seguir coa súa relación. É a historia coa que Continental e dúas productoras máis van facer unha película de televisión. A película será dirixida por Ramón Costafreda, con guión de Rosa Castro e estará protagonizada por Feliz Gómez, Beatriz Segura coa colaboración de Mabel Rivera. A rodaxe comezará o luns 4 de abril en Barcelona e seguirá en Cambre, Palavea e Arteixo a finais dese mesmo mes.

Máis información na ficha de "Máis ca irmáns" en AVG e tamén en La Voz de Galicia . Amplía a nova>>

30/03/2005
A Fundación Caixanova convoca un concurso público para a realización dunha serie de televisión

Eixo Atlántico e a Fundación Caixanova desenvolven conxuntamente o proxecto “Euroregiâo”. No marco desa iniciativa acaban de convocar un concurso público para a realización dunha serie de teelvisión de carácter informativo-didáctico, formada por 19 capítulos dedicados ao Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e ás 18 cidades que o compoñen.

Máis información e as bases neste web. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org