Continental leva ao cinema a historia dun matrimonio de Cambre que son irmáns

Máis ca irmáns

Rosario e Daniel coñecéronse nunha discoteca madrileña en 1979. Daquel encontro saíu unha relación que se rompeu cando ambos descubriron que eran irmáns, pero superada a fochanca inicial decidiron seguir coa súa relación. É a historia coa que Continental e dúas productoras máis van facer unha película de televisión. A película será dirixida por Ramón Costafreda, con guión de Rosa Castro e estará protagonizada por Feliz Gómez, Beatriz Segura coa colaboración de Mabel Rivera. A rodaxe comezará o luns 4 de abril en Barcelona e seguirá en Cambre, Palavea e Arteixo a finais dese mesmo mes.

Máis información na ficha de "Máis ca irmáns" en AVG e tamén en La Voz de Galicia