Xan Leira estrea en Bos Aires unha película documental sobre Alexandre Bóveda

Historia 2.0

30/3/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Xan Leira leva catro anos traballando nunha triloxía documental sobre a historia da guerra civil en Galicia. A primeira parte presentada hai un ano foi “Castelao e os irmáns da Liberdade”. Agora, o proxecto continúa coa presentación de “Alexandre Bóveda: unha crónica de Galicia Mártir”. A longametraxe producida por Acuarela Comunicación incorpora testemuños como os de Illa Couto, Díaz Pardo, Luís Tobío ou Antón Fraguas, entre outros. A estrea deste filme, que é a segunda parte, será o vindeiro 15 de abril en Bos Aires.

Máis información no web de Acuarela e consulta as nosas fichas de Xan Leira e de ”Castelao e os irmáns da liberdade” en AVG

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Xan Leira, AVG, Alexandre Bóveda...