Máis seccións e máis convidados centran a remodelada semana de Cine de Autor de Lugo

Un novo cine de autor

10/9/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Cando presentaba a 25º edición da Semana de Cine de Autor de Lugo, Manuel Curiel apuntaba ao feito de que podería ser a ultima. Pero lonxe de desaparecer, preséntase este ano cun programa reforzado con máis seccións e coa presenza de convidados de renome. Luís Tosar, que traerá “O agasallo de Silvia” dentro da acabada de crear sección de cine sobre mulleres;  Julio Fernández recibirá a Medalla Fonmiñá e Margarita Ledo presentará “Santa Liberdade” dentro da nova sección sobre documentais.  A cita será do 18 ao 26 de setembro en Lugo.

 

 

Máis información sobre a edición anterior, nas fichas das producións O agasallo de Silvia, Santa Liberdade e nas de Luís Tosar e Julio Fernández.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Culturagalega, Lugo, AVG...

Claves

Entidades
Lugares