Javier Valiño é o novo presidente da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). Asà o decidiu a xunta directiva nunha xuntanza celebrada o pasado luns que reestructurou a cúpula directiva para afrontar os dous retos máis inmediatos: a promoción exterior das empresas integradas neste consorcio e a súa actualización perante a era dixital que se aveciña. Valiño é director e produtor executivo de Aldea Films e substitúe no cargo a MarÃa Ignacia Ceballos que pasa a ser vogal. A Xunta directiva queda composta do seguinte xeito: Antonio Varela é vicepresidente, LuÃs Núñez é tesoureiro mentres que Domingo DÃaz pasa a ser secretario. Pancho Casal, Enma Lustres e Dolores Ben completan a listaxe de vogais.
Máis información sobre Agapi na súa ficha