| << Anterior | Siguiente >> |
Máis información no web da Semana Internacional de Cine de Autor
. Amplía a nova>>12/09/2006
Dez producións compiten polo premio á mellor micromovie en Curtocircuito
Máis información no web de Curtocircuito
. Amplía a nova>>11/09/2006
A Consellaría de Cultura concede 4.758.206 euros en axudas audiovisuais
Máis información en Galicia Hoxee sobre as axudas na nosa hemeroteca
. Amplía a nova>> O sector de animación vístese de longo. Desde que en 2001 Dygra iniciara a produción con “O bosque animado”, este xénero non parou de medrar. Os últimos traballos chegan da produtora IB Cinema e do polifacético creador Miguelanxo Prado. No primeiro caso porque estes días comeza a rodaxe de “Dentro de cada un de nós”, a curtametraxe que servirá de “teaser” (un avance da película e máis breve que un trailer) de “Linko Killer Machine”, a súa primeira longametraxe do xénero de animación. Por outra banda, falta menos para a estrea da ópera prima de Miguelanxo Prado “De profundis” prevista para mediados de outubro. E a Fundación Caixa Galicia acaba de anunciar que exhibirá doce óleos e corenta acuarelas e debuxos do artista, ou o que é o mesmo, as obras orixinais que deron orixe á película. A exposición poderase ver na sede pontevedresa da Fundación unha vez que se estree a película.Máis información en El Ideal Gallego e nas fichas de “De Profundis” e “Linko Killer Machine”
. Amplía a nova>> O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de “Doc. 06”, ou o que é o mesmo, o programa de promoción do documental que convoca anualmente o Consorcio Audiovisual. Un proxecto que se integra dentro do Plan de Internacionalización do Audiovisual, no que tamén figura Curtas 06, cuxa convocatoria aínda está aberta. Poderán participar neste programa os documentais realizados entre o 1 de abril de 2005 e o 31 de xullo de 2006 e o prazo de presentación de solicitudes remata o 5 de outubro.Máis información no DOG (en .pdf) e no web do Consorcio Audiovisual de Galicia
. Amplía a nova>> Chega setembro e con el a época de inicio dos cursos. O Consorcio Audiovisual de Galicia acaba de convocar dous novos cursos de formación. Dunha banda, en colaboración coa Escola e Cine de Audiovisuais de Cataluña (ESCAC) un curso sobre Dirección de Fotografía Cinematográfica. Da outra e coa Fundación AISGE abren a convocatoria para o "Curso de Iniciación á Dobraxe", que terá lugar do 3 ao 27 de outubro. Non son os únicos, xa que mañá comezará o de perfeccionamento da dobraxe, o día 11 un de voz e para o mes de novembro está previsto un de inglés audiovisual.Máis información no webConsorcio
. Amplía a nova>>31/08/2006
A sétima proxección de “Curtocircuíto na Rúa” presenta unha escolma de traballos de ficción españois
Máis información enCompostela Cultura
. Amplía a nova>>23/08/2006
A sexta proxección de “Curtocircuíto na Rúa” presenta unha retrospectiva dos traballos emitidos
Máis información en Curtocircuito
. Amplía a nova>>22/08/2006
Tres volumes de Pepe Carreiro servirán para ensinar linguaxe audiovisual aos nenos
Máis información en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, La Opinión; sobre “Audiovisual nas aulas” na nosa hemeroteca e sobre Pepe Carreiro no noso soportal de Banda Deseñada
. Amplía a nova>> Oleiros acollerá do 28 de setembro ao 1 de outubro a segunda edición de Nova Factory. Trátase dun evento que pretende dar a coñecer a produción audiovisual a través de tres iniciativas: un foro, unha mostra e un mercado. A edición deste ano segue fiel aos principios iniciais, que eran os de servir de lugar de debate sobre o futuro do audiovisual e centrarse na importancia no ámbito da distribución, pero este ano contará con máis espazo expositivo e máis participantes nas súas actividades.Máis información no web do evento
. Amplía a nova>>| << Anterior | Siguiente >> |
