| << Anterior | Siguiente >> |
17/08/2006
Os documentais chegan na quinta edición de “Curtocircuíto na Rúa”
Máis información enCurtocircuito
. Amplía a nova>>17/08/2006
Empresas do audiovisual galego desenvolven a súa propia tecnoloxía para filmar as súas producións
Mais información en La Voz de Galicia e sobre o Dygra Films e IB Cinema en AVG
. Amplía a nova>>01/08/2006
Carballiño, Ribadeo e Bueu inician hoxe os seus festivais de cine
Máis información sobre as Xociviga en La Región e na nosa hemeroteca; sobre “On & Off” no seu web e sobre “Centolo Films 2006” no web do Concello de Bueu
. Amplía a nova>> A Dirección Xeral de comunicación Audiovisual acaba de facer públicas as axudas a organización de festivais de cine no noso país, segundo informaba esta fin de semana "La Región". Segundo estas axudas, o Festival de Ourense verá reducida a axuda pública en 20.000 euros, quedándose cun subsidio de 70.000. Ao tempo, Cineuropa, en Compostela, contará cun apoio de 75.000 euros. Esta nova chéganos ao tempo que se anuncia a posta en marcha da veteranas Xornadas de Cine e Video de Galicia (Xociviga), que se celebran a partir de mañá no Carballiño.Máis información sobre as axudas aos festivais en La Región ; sobre as Xociviga en La Voz de Galicia
20/07/2006
Pilar Comesaña é a nova xerente da Academia Galega do Audiovisual
Máis información en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos
Por terceiro ano consecutivo, as rúas e prazas de Compostela acollen os filmes de Curtocircuíto, un dos máis orixinais eventos do noso audiovisual. Ata o vindeiro sete de setembro proxectaranse nestes espazos públicos filmes de curta duración combinados con actuacións musicais. A proposta comeza hoxe na Praza do toural co actuación dos DJ`s Jordanairs e a proxección dunha selección das curtas que xa se puideron ver o pasado ano.Máis información en La Voz de Galicia en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos
19/07/2006
O documental galego “A casa da miña avoa” estréase nos Estados Unidos
Máis información en Vieiros e en AVG
19/07/2006
R ultima a posta en marcha de dúas canles de televisión á carta que serán accesibles desde o móbil
Máis información en La Voz de Galicia, e en El Correo Gallego
A Filmoteca Española está a iniciar un proceso para descentralizar as súas actividades. A primeira parada nesta iniciativa será o vindeiro mes de novembro o Centro Galego de Artes da Imaxe, na Coruña. Este espazo acollerá un obradoiro sobre arquivos fílmicos entre os días quince e dezasete de novembro, unha actividade na que tamén participa a CRTVG e que pretende unificar o traballo que a este respecto se desenvolve no país.Máis información en Galicia Hoxe
Ó final foron 172 as propostas que se presentaron á convocatoria de axudas á produción curtametraxes en lingua galega da Consellaría de Cultura. Destas, seleccionáronse sesenta e tres proxectos entre os que se repartirán 512.000 euros. O filme de animación "Un ollo de vidro" de Dygra Films, foi o que levou unha maior contía, con 20.000 euros de subvención. O xénero que tivo máis axudas foi a ficción, cun 46% do total, seguido polos documentais e mais os proxectos experimantais, cun 19% cada un.Máis información neste pdf co resultado das convocatorias
| << Anterior | Siguiente >> |
