07/07/2006
A Xunta outorga 46 licenzas de televisión dixital terrestre con cobertura local
Abriuse á porta para a implantación das novas canles de televisión dixital terrestre de ámbito local en Galicia. O Consello da Xunta aprobaba onte 46 licenzas das 87 ofertas que se presentaron para emitir. O grupo PRISA e as empresas de comunicación vencelladas a xornais coma o Faro de Vigo, El Ideal Gallego, El Progreso, La Región ou El Correo Gallego son algunhas das firmas que acumulan máis concesións. Ao tempo, diferentes emisoras locais que desenvolvían o seu traballo en analóxico non conseguiron licenza e terán que fechar cando se eliminen as emisións analóxicas.
Máis información en Galicia Hoxe e en Vieiros
. Amplía a nova>>
07/07/2006
A empresa galega CTV Galaxia intégrase no maior grupo de dobraxe de Europa
Un acordo entre as catro principais empresas do campo da dobraxe da Península Ibérica, acaba de dar na creación do maior grupo europeo dedicado a esta actividade. Estudos Abaira, o Grupo Soundtrack, Matinha Studio e a galega CTV Galaxia acaban de unir o seu traballo cun investimento total de 18 millóns de euros.
Máis información en Terra.es
. Amplía a nova>>
05/07/2006
O Consorcio Audiovisual convoca axudas para a estrea de películas mentres o Clúster convoca un encontro na busca de alianzas empresariais
Cento vinte mil euros é a contía total das axudas coas que o Consorcio Audiovisual de Galicia quere apoiar a estrea de longametraxes fóra do noso país. As axudas, a razón dun máximo de 12.000 euros por título, pretenden colaborar na promoción de filmes feitos en Galicia. Ao tempo, o Clúster audiovisual organiza hoxe en Vigo, baixo o lema "Ideas para producir" un encontro no que reunirá produtoras e guionistas do noso país con empresas de España e de Europa coa intención de buscar alianzas de cara á produción, distribución e comercialización de proxectos.
Máis información no web da Xunta e no web do Cluster
. Amplía a nova>>
03/07/2006
Arrinca na Coruña o encontro Mundos Dixitais, que reúne as principais figuras da animación internacional
Como cada verán, o futuro da animación debátese na Coruña. O encontro Mundos Dixitais reúne na Cidade Herculina unha representación das máis destacadas firmas deste campo. Unha área de xogo, proxeccións e a xornada Galicia Dixital altérnanse cunha ampla oferta formativa para os profesionais. Ao tempo, a Fundación Caixa Galicia oferta unha mostra sobre o proceso de creación do filme "A noiva cadáver" de Tim Burton.
Máis información no web do Festival; en La Voz de Galicia sobre o evento e sobre a exposición e nos nosos arquivos
. Amplía a nova>>
29/06/2006
Trinta e sete proxectos interactivos e audiovisuais benefícianse das axudas da Xunta
A Consellaría de Cultura distribuirá 496.000 euros entre os trinta e sete proxectos que foron seleccionados para recibir axudas a proxectos interactivos e audiovisuais. Dos 110 proxectos que se presentaron, os que conseguiron unha maior contía foron "Tan pouquiña cousa, un corazón", de Tic Tac Producións, "Nacion X", de Filmanova e
"Milhistorias" de Continental, todas elas longametraxes de ficción. En canto a contidos interactivos, recibiron apoio "A enruga ao poder de Interacción" e "Vale tudo" de Filmanova.
Máis información neste PDF coa lista de producións subvencionadas
. Amplía a nova>>
29/06/2006
Preséntase o filme "Ecos", primeiro da serie "A sombra do misterio" que programará a TVG
O terror chega á TVG. Onte presentábase "Ecos", un filme do director catalán Oriol Paulo que abre a serie "A sombra do misterio". Este serial, composto por catro filmes, é unha coprodución entre Galicia e Cataluña que se emitirá na nosa televisión a finais deste mesmo ano ou a comezos de 2007, segundo anunciou o director de programación da TVG, Eduardo Galán. Dos catro filmes, dous serán de directores do noso país, e está confirmado Alex Sampaio para se encargar da vindeira película, "O espello". Unha adaptación da obra "Aire negro" de Agustín Fernández Paz, completará a presenza galega na serie.
Máis información en Galicia Hoxe, en La Opinión; ficha de ecos en AVG
. Amplía a nova>>
29/06/2006
Os traballadores da dobraxe ao galego asócianse contra o intrusismo e para dignificar o oficio
Coa idea de defenderse do intrusismo e de dignificar o seu traballo, os profesionais do sector da dobraxe ao galego acaban de crear APRADOGA (Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia). Este colectivo aposta tamén por asumir a formación de profesionais neste campo e defende a importancia do seu traballo de cara á normalización da nosa lingua. Unha das primeiras iniciativas que desenvolverá a asociación será a elaboración dun estudo para coñecer a realidade do sector. A súa presidenta é presidenta Charo Pena, actriz e directora de dobraxe. canda ela estarán Teresa Santamaría, actriz e vocal e os actores Tacho González e Miguel Pernas, socios fundadores da asociación.
Máis información en Faro de Vigo e en La Voz de Galicia
. Amplía a nova>>
28/06/2006
O Consorcio Audiovisual convoca axudas para a promoción de producións audiovisuais a través da rede
O Libro Branco do Audiovisual constatou unha das cousas que xa se intuían, que un dos puntos máis febles do sistema audiovisual galego era a promoción das producións. Por iso, o Consorcio Audiviosual de Galicia tomou boa nota e entre os eu plan de actividades, continuou a programas axudas para apoiar a creación de páxinas ou sitios web con información promocional. Agora, sae unha nova convocatoria desta liña de axudas que repartirá 80.000 euros (no 2004 a contía era de 60.000 euros) entre empresas independentes con sede e domicilio fiscal en Galicia. As axudas poden solicitarse ata o 1 de decembro de 2006.
Máis información no web do Consorcio Audiovisual de Galicia
.
Amplía a nova>>
27/06/2006
A curtametraxe de Mario Iglesias “Nais” gaña o certame nacional de curtametraxes en vídeo de Almería
Foi a flamante vencedora desta edición de “Versión española” polo que ademais do premio en metálico (20.000 euros) puido verse en La 2. Pero “Nais” a curtametraxe de Mario Iglesias, ten outro premios máis no seu palmarés. Trátase do VIII Certame Nacional de curtametraxes en Vídeo, que concede o Festival Internacional de curtametraxes “Almería en corto”.
Máis información sobre a curta na nosa hemeroteca e no web do Festival
.
Amplía a nova>>
26/06/2006
Actrices galegas participan na tv-movie “O impostor” e en “Mataharis”, a última película de Icíar Bollaín
O último proxecto de Iciar Bollaín “Mataharis” conta a historia de tres mulleres, tres detectives privados, que comparten a súa profesión co oficio de ser nais. Esta produción conta reparto no seu reparto con Nawja Nimri (“O método”), Nuria González (“Calentito”) e a lucense María Vázquez (“A noite do irmán”). Non é a única actriz galega que anda metida en proxectos audiovisuais, xa que estes días está en marcha a rodaxe de “O impostor” unha película para televisión catala. andaluza e galega. Nesta produción actúan dúas actrices ferrolás, dunha banda Lúa Testa e da outra Mabel Rivera. Este filme será emitido pola TVG e dobrado ao galego.
.
Amplía a nova>>