Novas | 3591 a 3600 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

23/06/2006
A TVG aborda a figura de Juan Orol no programa “Planeta Cine”

Para os que hoxe non queiran saltar as cacharelas, lumaradas ou fogueiras e prefiran quedar na casa hoxe teñen unha cita na televisión. Trátase de “Planeta Cine” (TVG, 01:10 horas) abordará a figura de Juan Orol, un realizador galego moi coñecido en México onde desenvolveu unha intensa carreira cinematográfica. De feito, sobre a súa figura está a preparar un documental a produtora ourensá “Directo Producións”.

Máis información no web da TVG e sobre el na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

23/06/2006
Oitenta concellos da Coruña gozarán de balde de proxeccións cinematográficas ao aire libre

A Deputación da Coruña leva quince anos a animar as noites dos concellos desa provincia con cine. Este non vai ser menos e o responsable da área de cultura, Celestino Poza, acaba de presentar unha nova edición de “Noites de cine”. Este ano haberá 290 proxeccións que se repartirán entre oitenta concellos desde xuño ata setembro. “Camarón”, “Somne”, “Star wars: episodio III”, “Sr e Sra. Smith”, “Inmersión letal” ou “As crónicas de Narnia” son algúns dos títulos que se poderán ver.

Máis información en Galicia Hoxe e comproba a data, lugar e hora das proxeccións no web da Deputación

. Amplía a nova>>

22/06/2006
Mario Iglesias gaña con “Madres” o concurso do programa de televisión “Versión española”

Gañou o premio do público no festival de Málaga, o “Pedigree” na III edición do Festival de Cans (Porriño) e agora acaba de facerse co concurso de curtametraxes SGAE de “Versión española”. Falamos de “Nais” o traballo do realizador pontevedrés Mario Iglesias que conta a historia dunha pintora á que unha nai lle encarga o retrato dun fillo morto. O premio está dotado con 20.000 euros e o flime volverá exhibirse o vindeiro luns 26 no programa que emite “La 2”.

Máis información no web do “Versión española”

. Amplía a nova>>

20/06/2006
Televisión de Galicia presenta un magacine sobre a emigración despois de estrear un programa sobre as festas

Desde o cambio da directiva, a Televisión de Galicia foi mudando pouco a pouco a súa programación. Primeiro chegaron os múltiples espazos culturais, os cambios dentro dos informativos, a potenciación das series de produción propia, programas de debate e mesmo o primeiro “late night” e da cadea pública autonómica. Os últimos programas en incorporarse á grella televisiva fan referencia a dous fenómenos moi típicos de Galicia. Dunha banda “En pé de festa”, un magazine festeiro que percorrerá durante o verán as distintas celebracións que se viven en Galicia. Da outra, mañá estrearase “Cadernos no aire” que abordará diferentes puntos da emigración: aqueles que marcharon, os que regresaron e os inmigrantes.

Máis información no web da CRTVG

. Amplía a nova>>

20/06/2006
O Centro Galego de Artes da Imaxe cambia o “Cero en conducta” para estendelo a todo o ano

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) está en cambios. Primeiro anunciou que levaría as súas proxeccións a outras localidades de Galicia e agora acaba de confirmar que outro dos seus programas estrela, o “Cero en conducta”, cambia de formato. O curso de formación que se celebraba na Coruña no mes de xullo deixa o seu calendario habitual para estenderse ao longo de todo o ano. O primeiro curso do novo “Cero en conducta” comezará en outubro e contará coa colaboración do Centro Multimedia de Galicia, que o emitirá a través da súa rede de aulas multimedia. De todos os xeitos, este mes de xullo o CGAI si mantén na súa programación o “Encontro de cine”, no que emitirá a produción cinematográfica realizada polos dous bandos enfrontados na Guerra Civil, así como un ciclo de conferencias.

Todos os datos no web do CGAI e sobre este seminario na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

20/06/2006
A Semana de Cine de Betanzos homenaxea ao produtor Pancho Casal

O traballo de Pancho Casal no mundo do audiovisual á cabeza de Continental, fixo que os organizadores da Semana de Cine de Betanzos decidiran homenaxealo nesta edición. O evento que comezará o vindeiro luns 26 ofrecerá un repaso por todas as facetas que ten abordardo como produtor: a primeira longametraxe profesional da produtora (“Finisterre”), a proxección dos seus mellores anuncios publicitarios e algunha mostra da súa produción televisiva. Ademais, o produtor aproveitou para anunciar que Betanzos será o escenario da nova película de Continental, “Abrígate”, que conta a historia dunha moza arxentina que regresa a Betanzos, a súa localidade natal.

Máis información en La Opinión

. Amplía a nova>>

16/06/2006
Aberto o prazo de inscrición nun curso de posgrao para vender contidos audiovisuais

Na presentación da memoria anual do Consorcio Audiovisual o seu xerente, Ignacio Varela, facía fincapé na evolución da exportación audiovisual. Unha melloría que está relacionada con dúas iniciativas, a asistencia a mercados internacionais e as xornadas de formación. Neste segundo grupo intégrase unha xornada que se celebra hoxe na Coruña e está organizado polo curso de Posgrao de Comercialización Internacioanl de Contidos Audiovisuais. Un curso de carácter bianual que este ano comezará en outubro e ten aberto o prazo de inscrición.

Máis información, inscrición e matrícula no web Escola de Medios

. Amplía a nova>>

14/06/2006
O Consorcio presenta a súa memoria anual na que destaca o despregamento internacional do noso audiovisual

O Consorcio do Audiovisual de Galicia naceu no 2002 co obxectivo de impulsar a produción propia, a coprodución e a súa distribución. Unhas intencións que se concretaron no chamado “Plan de Internacionalización do Audiovisual Galego”, que fomentaba a asistencia a festivais internacionais. O resultado do traballo puido comprobarse onte, cando o xerente do Consorcio, Ignacio Varela, deu a coñecer a súa memoria relativa ao 2005. Nela figuraba que as exportacións galegas pasaron do “0.5% no 2002 ata o 5 ou 6% na actualidade”. No plan de actividades para este ano continúa a promoción exterior e haberá unha Semana de Cine Galego en Cuba, un curso de posgrao coa universidade na Coruña e uns encontros de axentes de publicidade para rodar os seus traballos en Galicia.

Máis información no web do Consorcio Audiovisual de Galicia, en La Voz de Galicia e Galicia Hoxe

. Amplía a nova>>

13/06/2006
O CGAI analiza nun ciclo os documentais e noticiarios producidos durante a Guerra Civil

A guerra civil foi un período moi fértil para a produción cinematográfica. Non para a ficción, practicamente inexistente, senón para os documentarios e noticiarios, que se empregaron como armas de mobilización, información e contrainformación, de propaganda política e militar. Son algúns dos temas sobre os que se falará no seminario “Cine + Guerra Civil” que programa o Centro Galego de Artes de Imaxe para os vindeiros 6, 7 e 8 de xullo. Un programa que irá acompañado de proxeccións de documentais, reportaxes e noticiarios que permiten seguir o seu desenvolvemento da contenda desde xullo de 1936 ata 1939.

Máis información no web do CGAI

. Amplía a nova>>

13/06/2006
A TVG pretende achegarse a un público máis novo e urbán con novos programas

En medio da polémica sobre as súas cifras de audiencias, a Televisión de Galicia, dálle unha volta máis á súa grella para presentar novos programas. O primeiro deles comezou onte e é o primeiro late night da cadea pública. Chámase “Somos unha potencia” e está presentado e dirixido por Carlos Blanco e producido por Antón Reixa. Con iniciativas coma esta preténdese atraer a un público urbano e máis novo. Iso si, sen descoidar ao público tradicional do ente público, para o que están previstos dous espazos “En pé de festa” e “Mundo verbena”. Este último estará dirixido por Jorge Coira todos os domingos e terá un presentador, tres reporteiros e colaboradores que elaborarán pezas breves.

Máis información no web da CRTVG sobre “Somos unha potenzia”

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org