| << Anterior | Siguiente >> |
09/06/2006
Margarita Ledo fala sobre o documental na Mostra de Films de Dones en Barcelona
Máis información en Vieiros e no web da Mostra
. Amplía a nova>> Chega a V edición de Mundos Dixitais, o evento que patrocina a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, a Universidade da Coruña e a Fundación Caixa Galicia e que trae a Galicia as últimas novidades no campo da animación. Do 1 ao 8 de xullo na Coruña haberá conferencias e obradoiros, un recinto destinado a xogos e un Festival Internacional de Animación que xa recibiu 170 traballos de 24 países. Dentro do apartado de conferencias resérvase un día para a puxante produción galega neste campo e está por confirmar a presenza de Tim Burton, autor de "A noiva cadáver" (exposición que sí estará na Coruña), "Batman" ou "Eduardo Manostijeras".Máis información no web de Mundos Dixitais
. Amplía a nova>> Todo o mundo sabe que os móbiles son máis que dispositivos para falar. Mandar mensaxes, gardar a axenda, calendario... son algunhas das múltiples aplicacións. E agora, o Clúster do Audiovisual Galego, Caixanova e a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia pretenden analizar as súas posibilidades como unha nova canle para distribuír contidos audiovisuais. María Aguete, de Screen Digest; Pedro Fuertes, de Vodafone; José Manuel Rivas Torres, de Net-Go; Ignacio Tomé Vilanova, de Movistar; Hernán Rodríguez, de AECOMO e Rosa Berea, de Loroestudio son algúns dos participantes dunha xornada na que falarán do mercado, os actores e os contidos. A cita é o vindeiro venres 9 de xuño, de 9:00 a 14:00 no Centro Social Caixanova da Coruña.Máis información no web do Clúster
. Amplía a nova>>06/06/2006
Un informe destaca que 2.700 empresas do audiovisual xeran 21.000 empregos
Consulta o informe na nosa biblioteca
. Amplía a nova>> Hoxe comeza en Arxentina a rodaxe de “O neno de barro”, a segunda longametraxe de Adivina Produciones, despois da boa acollida de “Un franco, 14 pesetas”. A película está baseada na historia de Petiso Orejudo, alcume de Cayetano Santos, un coñecido asasino en serie que aterrorizou a cidade de Bos Aires a principios do século XX. A longametraxe, que guioniza Héctor Carré, conta coa participación de actores como Chete Lera. Máis preto, Vídeo Voz iníciase na longametraxe con “O menor dos males”, película protagonizada por Carmen Maura. A división audiovisual de “La Voz de Galicia” acaba de convocar unhas probas de selección para completar o elenco de actores desta produción.Máis información no web de Adivina e sobre “O menor dos males” en La Voz de Galicia
. Amplía a nova>>05/06/2006
O día 21 comeza a rodaxe de “Bechos raros”, o guión premiado en Curtocircuito
Máis información no web de Curtocircuito e sobre a rodaxe en La Voz de Galicia
. Amplía a nova>>05/06/2006
Manolo Gómez repite como presidente da Academia Galega do Audiovisual por outros tres anos
Máis información sobre a renovación da directiva da Academia en Galicia Hoxe e no seu web; sobre as xornadas formativas no web do Consorcio e sobre o curso de posgrado no seu web
. Amplía a nova>> A Consellaría de Presidencia acaba de publicar no DOG de hoxe unha convocatoria de axudas para a promoción e difusión do patrimonio audiovisual galego. A axuda chega un día despois de que o Secretario Xeral de Comunicación, Fernando Salgado, veña de asinar un convenio co vicepresidente do Instituto Cubano da arte e Industria Cinematográficos (ICAIC) para iniciar vínculos en materia audiovisual. En virtude dese acordo as producións galegas poderán verse en Cuba, e revisarase o cine producido en Cuba relacionado con Galicia para emitilo nun ciclo.Máis información sobre a convocatoria no DOG neste e neste documento (en .pdf) e sobre o convenio no web da Xunta
. Amplía a nova>> A nova edición Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, “Curtocircuíto 2006” quenta motores. O primeiro paso foi o convenio que asinaron o alcalde compostelá, Xosé Sánchez Bugallo, e o director da CRTVG, Benigno Sánchez, polo que a TVG emitirá e comprará os dereitos de emisión das curtametraxes que resulten gañadoras. Malia que o evento terá lugar do 17 ao 21 de outubro, as actividades comezarán moito antes, no mes de xullo, coa proxeccións dos traballos nas rúas do casco vello de Santiago.Máis información no web Curtocircuito e na nosa hemeroteca
. Amplía a nova>> “Pontevedra, cuna de Colon” (1930), “Galicia y Buenos Aires” (1931), “Tintorería España” (1927) e “Imaxes de Vigo e arredores” (1925) son catro curtametraxes históricas do cinema galego, ademais do programa que hoxe proxectará o clube cultural Valle Inclán. Forma parte do ciclo de cinema galego grazas ao que o próximo xoves se poderá ver a longametraxe que Luis R. Alonso produciu en 1929, “Viaje por Galicia”. O ciclo rematará o día 6 de xuño co visionado de “A traxedia de Xirobio”, unha adaptación de “Cousas da vida” de Castelao.Máis información en La Voz de Galicia
. Amplía a nova>>| << Anterior | Siguiente >> |
