30/05/2006
A Consellaría de Cultura asegura que se triplicaron os candidatos ás axudas do audiovisual
Hoxe remata o prazo para enviar os traballos da primeira edición do concurso “Curtas na Rede”, a iniciativa organizada pola Secretaría Xeral de Comunicación, que ata o momento recibiu 221 propostas. Outra convocatoria de audiovisual, a realizada pola Consellaría de Cultura, tamén conta con moitos apetecedores. De feito, a consellaría fixo público un comunicado no que asegurou que se triplicaron os candidatos ás axudas a guión. Segundo esa nota de prensa, o aumento da contía (ata 15.000 euros por guión) e a posibilidade de presentarse de xeito individual foron algúns dos motivos polo que se pasou a 39 guións presentados no 2005 a 120 neste ano. Polo demais, continúa aberta a convocatoria para a produción ou coproducións audiovisuais e interactivas en lingua galega.
Máis información sobre “Curtas na Rede”, sobre os candidatos ás axudas da Xunta no seu web e a convocatoria de axudas a produción e coproducións audiovisuais no noso destacado en AVG
.
Amplía a nova>>
29/05/2006
“Nais” e “Os dous lados da valla” foron os gañadores da III edición do Festival de Cans
Mario Iglesias con “Nais” na categoría de ficción e Diego Méndez por “Os dous lados da valla”, na de animación foron os vencedores na III edición do Festival de Cans (Porriño). Tamén foron galardoados Ricardo de Barreiro pola súa interpretación en “Bos días” mentres que Isabel Rey (por “Nais") e Isabel Naviera (por “Quérote mal”) compartiron o premio á mellor actriz. A festa do “agro-glamour” tivo lugar esta fin de semana e asistiron á cita xente como a actriz Enma Suárez, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e músicos como Iván Ferreiro (exvocalista de “Los Piratas”) ou Uxía Senlle.
Máis información no web do festival e na nosa hemeroteca
.
Amplía a nova>>
26/05/2006
O Clúster Audiovisual organiza o seu terceiro “pitching” coa intención de buscar ideas para producir
“Idea para producir” é o lema co que o Clúster do Audiovisual organiza o seu terceiro pitching, ou o que é o mesmo, unha xornada técnica a onde van os guionistas e produtores a expor os seus proxectos. Na última xuntanza, que foi hai un ano, presentáronse 28 proxectos, dos que 16 foron desenvolvidos. O terceiro encontro terá lugar o vindeiro 5 de xullo na Aula Sociocultural de Caixa Galicia en Vigo
Máis información no web do Clúster
. Amplía a nova>>
26/05/2006
A primeira longametraxe feita por unha cooperativa galega abre hoxe o Festival de Cans
Hoxe comeza a III edición do Festival de Cans e para abrir boca unha primicia. Trátase de “Por min e polos meus compañeiros”, a primeira longametraxe de Xudas Xiz que ten, ademais, a honra de ser o primeiro traballo audiovisual feito por unha cooperativa. A cita é ás 22:0 horas no Centro recreativo Cultural de O Porriño e dará saída a tres días cheos de “agro-glamour”.
Consulta o programa no web do Festival de Cans
. Amplía a nova>>
24/05/2006
Manolo Gómez é o único candidato á presidencia da Academia Galega do Audiovisual, mentres que Cultura fai pública unha nova convocatoria de axudas
De hoxe nunha semana teremos novo presidente da Academia Galega do Audiovisual. Segundo fontes da Academia, só hai unha única candidatura, a que preside Manolo Gómez e que agrupa representantes do sector que formaron parte da listaxe alternativa que houbo nos anteriores comicios. Na candidatura de Manolo Gómez, que segundo os estatutos non se poderá volver presentar ao cargo nas vindeiras eleccións, figuran Pepe Coira e María Bouzas como vicepresidentes. A votación será na tarde do 31 de maio e os socios poderán delegar o voto previa notificación á Academia. Por outra banda, a Consellaría de Cultura publicou onte no Diario Oficial as bases das axudas para producións e coproducións audiovisuais e interactivas en lingua galega. Unha convocatoria que ascende a 4.758.206 euros.
Máis información en La Voz de Galicia, sobre as eleccións na nosa hemeroteca e consulta a convocatoria de axudas no DOG aquí e aquí (en PDF)
.
Amplía a nova>>
23/05/2006
Os creadores dos efectos especiais de “Batman Begins” e “Cars” explicarán a súa experiencia en “Mundos Dixitais 2006”
O vindeiro mes de xullo a sede da Fundación Caixa Galicia acolle unha nova edición de “Mundos dixitais”. Trátase dun evento internacional ao que acoden expertos de diferentes países para expor a súa experiencia no proceso de creación de animacións ou de efectos especiais por ordenador para videoxogos e películas. Nesta edición estarán Dayne Cowan, creador dos efectos de “Batman Begins” ou Ziah Fogel, traballadora de Píxar que dará a coñecer o último traballo de Disney “Cars”. Nesta xornadas que se suceden do 1 ao 8 de xullo, haberá sitio para que os creadores galegos expoñan as súas experiencias. De xeito paralelo ás conferencias, haberá unha zona de xogos permanente en Palexco e a I Xornada Dixital na que tamén colabora o Clúster do Audiovisual.
Máis información no seu web
.
Amplía a nova>>
22/05/2006
O Festival de Cine de Ourense homenaxeará a Luchino Visconti e a Juan Diego na súa undécima edición
A XI edición do Festival de Cine Independente de Ourense xa ten carta de presentación. Trátase do cartel deseñado por Eduardo Rubianes, que foi seleccionado no primeiro dos concursos que se fallan neste evento. Ata o 31 de xullo está aberto o prazo de presentación de traballos que concorren á sección competitiva (curtametraxes, longametraxes e documentais), que repartirá este ano 45.500 euros. O evento, que terá lugar do 4 ao 11 de novembro, renderá unha homenaxe a Luchino Visconti coa proxección dalgúns dos seus títulos máis coñecidos. Por outra banda, a organización tamén decidiu dedicar a sección “Memoria histórica” ao actor Juan Diego (Bormujos/Sevilla, 1942) coa edición dun libro, unha mesa redonda, a proxección dalgunhas das películas que protagonizou e unha gala.
Máis información sobre anteriores edicións na nosa hemeroteca
.
Amplía a nova>>
19/05/2006
Benigno Sánchez asegura no Parlamento que a segunda cadea de TVG comezará a funcionar antes do 2007
O director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, compareceu esta mañá no Parlamento para explicar as cifras de audiencia e a situación actual do ente público. Explicou que a audiencia de TVG pasou do 19% no 2000 ao 16.6% rexistrado en setembro de 2005, momento no que se fixo efectivo o cambio de dirección no ente. Desde entón, segundo palabras do director xeral, a TVG non só mellorou as cifras de audiencia, senón que aumentou dous puntos porcentuais entre públicos con idades comprendidas entre os 15 e os 44 anos, franxa máis reticente a esta cadea segundo un estudo encargado pola anterior dirección. Como condicionantes dese cambio xustificou a recuperación do Xabarín, a proliferación de programas culturais e o incremento de programas de produción propia. Ademais, Benigno Sánchez apuntou que a segunda canle da TVG comezará a emitir a final deste ano.
Máis información en La Voz de Galicia
.
Amplía a nova>>
19/05/2006
Iolanda Vázquez e Carlos Blanco son os novos rostros da programación de verán da TVG
A Televisión de Galicia acaba de presentar dous novos programas que emitirá este verán. Dunha banda está “Somos unha potencia”, o “talk show” con entrevistas, música e humor que dirixe Carlos Blanco e produce Antón Reixa. Doutra banda, Iolanda Vázquez volve á TVG con “Pequeno gran show”, un programa para un público familiar, que mestura varios xéneros e no que os nenos os protagonistas..
Amplía a nova>>
18/05/2006
Un parque científico e tecnolóxico substitúe ao proxecto da “Cidade da imaxe”
Hai uns días a prensa anunciaba a aprobación polo Concello de Santiago do proxecto do futuro polígono industrial, popularmente chamado “Cidade da imaxe”. Naquela información destacábase que o proxecto precisaba do visto bo da Xunta para comezar a expropiación dos terreos. Pero, en lugar de aprobalo, os conselleiros de Industria e Vivenda presentaban este martes o “Parque Científico e Tecnolóxico de Santiago” (PCTS). Trátase dun proxecto máis ambicioso, que absorbe o proxecto inicial do polígono industrial especializado no campo audiovisual, para ofrecer espazos e infraestruturas tecnolóxicas a empresas e centros de I+D.
Máis información en El Correo Gallego e sobre a nova da “Cidade da imaxe” na nosa hemeroteca
.
Amplía a nova>>