A Televisión de Galicia acaba de presentar dous novos programas que emitirá este verán. Dunha banda está Somos unha potencia, o talk show con entrevistas, música e humor que dirixe Carlos Blanco e produce Antón Reixa. Doutra banda, Iolanda Vázquez volve á TVG con Pequeno gran show, un programa para un público familiar, que mestura varios xéneros e no que os nenos os protagonistas.