O día 21 comeza a rodaxe de “Bechos raros”, o guión premiado en Curtocircuito

Bechos curtos

Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantes son as gañadoras do premio de guión “Compostela Plató” desta edición de “Curtocircuíto” Un galardón que consiste na gravación da curtametraxe, polo que estas dúas madrileñas tiveron que vir para Santiago para presentar o proxecto de rodaxe. O día 21 comezará a gravación dun traballo, moi próximo ao xénero documental que terá tres versións: galego, inglés e español. Xulio Abonjo, Evartisto Calvo, Mónica García e Javier Varela son algúns dos actores deste traballo que se estreará o 21 de outubro.

Máis información no web de Curtocircuito e sobre a rodaxe en La Voz de Galicia