Coa idea de defenderse do intrusismo e de dignificar o seu traballo, os profesionais do sector da dobraxe ao galego acaban de crear APRADOGA (Asociación de Profesionais da Rama ArtÃstica da Dobraxe de Galicia). Este colectivo aposta tamén por asumir a formación de profesionais neste campo e defende a importancia do seu traballo de cara á normalización da nosa lingua. Unha das primeiras iniciativas que desenvolverá a asociación será a elaboración dun estudo para coñecer a realidade do sector. A súa presidenta é presidenta Charo Pena, actriz e directora de dobraxe. canda ela estarán Teresa SantamarÃa, actriz e vocal e os actores Tacho González e Miguel Pernas, socios fundadores da asociación.
Máis información en Faro de Vigo e en La Voz de Galicia