A sexta proxección de “Curtocircuíto na Rúa” presenta unha retrospectiva dos traballos emitidos

Circuíto en curto

O xoves 24 ás 22:00 horas, a praza de abastos de Santiago acolle unha nova quenda de proxeccións de “Curtocircuíto na Rúa”. Un evento que desta volta ofrecerá unha retrospectiva das mellores curtas de realizadores galegos. Os traballos de Jorge Coira, Chema Gagino, Marise Brostel, Paco Rañal, Álex Valle e Chano Piñeiro compartirán espazo coa banda “Jordanais” noutra noite de cine e música.

Máis información en Curtocircuito