30 segundos deben ser suficientes para contar unha historia. Isto é o que pensaron os organizadores de Curtocircuíto, o festival de curtametraxes de Santiago cando crearon Anacos, unha sección na que entran todas as aquelas micromovies con duración inferior a trinta segundos. Xa coñecemos as finalistas, entre as que están títulos como Diario de cicatrices de Olaia Sendón ou Contratempo de Andrés Victorero. A gañadora saberase o vindeiro 21 de outubro no transcurso da gala de entrega de premios.
Máis información no web de Curtocircuito