Novas | 31 a 40 de 4165

<< Anterior Siguiente >>

18/11/2024
Dezanove proxectos audiovisuais reciben axudas para o desenvolvemento inicial

Ata 19 novos proxectos de cinema e televisión beneficiaranse da convocatoria anual de subvencións da Xunta ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais. Estas axudas irán destinadas á fase de preprodución dos próximos traballos de 16 produtoras galegas, entre os que se atopan 11 longametraxes de ficción, unha de animación, tres documentais e catro series. Recibirán axuda de entre 30.000 euros as máximas e 4.504 a que menos. A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) ven de facer pública a resolución da convocatoria e do seu proceso de valoración das solicitudes presentadas. Financiadas pola Xunta e o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) da administración estatal, estas subvencións ao desenvolvemento de proxectos estrutúranse en diferentes modalidades.. Amplía a nova>>

18/11/2024
A Semana de Cine Submarino regresa a Vigo logo dun ano de pausa

A Universidade de Vigo recupera unha das súas citas culturais máis senlleiras e celebrará, entre o 19 e o 21 de outubro, a XXXII Semana de Cine Submarino. O auditorio Afundación da Cidade Olívica acolle este programa, no que se realizará unha homenaxe ao promotor desta actividade, José Luis González, falecido en 2023 logo de trinta anos á fronte do proxecto.. Amplía a nova>>

15/11/2024
O último afiador volve aos camiños

Como parte dos contidos de celebración do Día internacional do Patrimonio Mundial, o Consello da Cultura Galega publicou, cortesía da produtora Boneca Lareta, o documental O último afiador. Dirixido e guionizado por Aitor Rei, o documental narra a "vida errante dos afiadores, contada polos seus propios protagonistas". O documental ten unha hora de guionización, e incorpora dramatizacións, declaracións de afiadores e das súas esposas, así como documentación gráfica histórica, na que se describen as vidas e os itinerarios destes comerciantes ambulantes. O documental foi estreado en 2015 e estará dispoñible no web da institución durante todo o mes de novembro. . Amplía a nova>>

14/11/2024
Comeza a VIIª edición do Festival Internacional Cinema Miudo de Ames

Dende hoxe a ata o vindeiro domingo, 17 de novembro, o Concello de Ames celebra a sétima edición do festival internacional de cinema infantil de Ames, Cinema Miudo, un evento propio e diferenciado entre os certames audiovisuais. As Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns transformaranse no epicentro do cinema infantil cunha programación de máis de 70 curtametraxes, talleres, e actividades especiais. Esta edición, baixo o lema 'As orixes do Cinema', convida á cativada a unha viaxe pola historia da sétima arte, desde os clásicos do cinema mudo ata as animacións máis contemporáneas. Nas sesións 'Pioneiros da Animación' e 'Pioneiros da Comedia', novidade deste ano, os espectadores poderán gozar dos gags de Charles Chaplin, Harold Lloyd e Buster Keaton, así como acceder aos históricos da animación e ás producións máis anovadoras. . Amplía a nova>>

13/11/2024
A estabilidade marcou as cifras o sector cultural galego en 2023

O Consello da Cultura Galega presentaba na mañá deste 13 de novembro a VIII Conxuntura estatística do ámbito cultural, publicación na que repasa os principais indicadores do sector ao longo de 2023. As conclusións do documentos salientan a estabilidade que viviu o noso país neste aspecto en canto ás cifras de emprego e de creación de empresas, e revela que continúa a medrar a produción e o consumo.. Amplía a nova>>

13/11/2024
A Academia do Audiovisual entrega os VIII Premios María Luz Morales

A Academia Galega do Audiovisual anunciou os nomes dos galardoados na oitava edición dos Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual. Nesta edición, premiáronse dous videoensaios e dous ensaios escritos, que recibirán un trofeo e unha dotación económica de 1.200 euros cada un. Na categoría de Mellor ensaio escrito sobre o audiovisual galego a obra gañadora foi 'Desvelar o dispositivo: o río, a terra, a fábrica. Un achegamento ao potencial político da obra audiovisual de Carme Nogueira' de Breogán Xague. O galardón ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional foi para 'Resurrección dixital e deepfakes. Os desafíos da intelixencia artificial nun audiovisual hiperreal' de Manuel Barreiro Rozados. . Amplía a nova>>

12/11/2024
O sector audiovisual reclama das administración máis aposta pola lingua

As sete asociacións sectoriais integrantes Mesa do Audiovisual Galego veñen de facer público un comunicado conxunto relativo ao estado actual da lingua galega na creación, produción, distribución e exhibición de contidos audiovisuais. A raíz dos datos publicados fai semanas na 'Enquisa estrutural a fogares, coñecemento e uso do idioma galego' do Instituto Galego de Estatística (IGE) estas sete asociacións do sector audiovisual (Academia Galega do Audiovisual, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Asociación Galega de Produtoras Independentes, Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización, Asociación Sindical Galega de Guionistas, Cluster Audiovisual Galego e Coordinadora Galega de Festivais de Cinema) decidiron trasladar ao debate público a súa posición no que ten que ver coa lingua galega no audiovisual.. Amplía a nova>>

08/11/2024
Quiosco: Galicia Histórica número 92

O novo número de Galicia Histórica, o boletín editado polo arquivo da Catedral de Santiago, dedica unha primeira entrega á presenza da catedral de Santiago no cine e a televisión, a partir da indagación nos fondos documentais da institución e na consulta da prensa local. A publicación comeza dando conta da rodaxe do primeiro filme no que aparece a catedral, La casa de la Troya, rodado en 1924 a partir da exitosa novela homónima. Nos documentos obsérvanse os recelos do Cabildo da catedral -e o apoio do arcebispo, á filmación de escenas no interior do templo. O caderno dá tamén conta de diferentes filmacións do NO-DO ou mesmo da película Orgullo e paixón, de Stanley Kramer (1957), onde se concedeu permiso para filmar escenas desde os balcóns da catedral. . Amplía a nova>>

07/11/2024
Chega ás salas de cinema o documental Os espazos en branco

A sala NUMAX, en Santiago de Compostela, acollía este 6 de novembro a estrea comercial de Os espazos en branco. O documental que Bruno Arias realizou sobre figura da súa tía, Xela Arias, inicia agora unha xira de presentación que o levará por oito salas máis do país, en cada unha das cales realizará unha única proxección.. Amplía a nova>>

05/11/2024
O 38º Cineuropa premia a Alberto Gracia e reivindica "a liberdade"

Do 7 ao 24 de novembro Cineuropa celebrará en Santiago a súa 38ª edición, a cuarta como certame competitivo. O programa inclúe máis de 130 filmes alén de concertos, debates, encontros con cineastas e actividades formativas. Baixo o lema 'O corazón do cinema é a liberdade' e con Abraham Lincoln no cartel o festival presenta unha manchea de filmes que conectan pasado co presente de máis actualidade e conforman a sección temática da que devén o lema da edición: 'Henry Fonda for President. O corazón do cinema é a liberdade', un percorrido sobre un actor-mito que prestou corpo e voz á historia estadounidense en múltiples películas, encarnando os ideais da súa sociedade, ideais sobre os que xirarán numerosas proxeccións e actividades paralelas do festival. Na súa presentación, o director de Cineuropa, José Luís Losa, anunciou a entrega das distincións honoríficas deste ano a traxectoria ao director ferrolán Alberto Gracia, a actriz hispano-sueca Ingrid Garcia-Jonsson, e o a realizadora brasileira Flávia Castro. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org