10/03/2023
O Álbum de Galicia do CCG inclúe a biografía de 'Pico'
O Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos na nosa historia, ven de incorporar unha entrada sobre o actor Xosé Manuel Olveira, "Pico" (Esteiro, Muros, A Coruña, 1955 – Santiago de Compostela, 2013). A biografía de "Pico" é unha das nove dedicadas a intérpretes de teatro e audiovisual de entre as 663 que actualmente ten este contedor de historias de vida, o que lle outorga aínda máis importancia á súa presenza. Xunto a el, figuran no Álbum do CCG os nomes de Ernesto Chao, Dorotea Bárcena, Marisa Soto, Maruxa Villanueva, María Casares, Manuela Rey, Josefina Blanco Tejerina e Tacholas no eido da interpretación escénica ou audiovisual. Ana Abad de Larriva asina este percorrido pola vida do actor esteirán, que destacou pola súa ampla traxectoria nas artes escénicas e no audiovisual. Apaixonado do teatro pola súa maxia insubstituíble, segundo el mesmo recoñeceu, participou en numerosas obras teatrais, así como en filmes de diferente metraxe. .
Amplía a nova>>
09/03/2023
O Carballo Interplay celebra dez anos co foco posto na creación galega
O vindeiro 29 de marzo bota a andar a décima edición do Carballo Interplay. O festival de contidos dixitais de Carballo quere celebrar o aniversario a homenaxear unha década de talento galego. Deste xeito, contidos elaborados no país en campos como redes sociais, audiovisual ou podcast protagonizarán as dúas primeiras xornadas do encontro..
Amplía a nova>>
06/03/2023
Once filmes compiten na 18 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico
O Museo do Pobo Galego acollía na mañá deste seis de marzo a presentación do programa da décimo oitava edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. A cita audiovisual que coordina o propio museo contará nesta xeira, que se celebra entre os vindeiros 15 e 21, cun total de 11 filmes a concurso, dos cales catro son galegos. Ademais, o encontro mantén as sección paralelas
Impropias, dedicada ao cine realizado por mulleres,
Lindes e
Trazas..
Amplía a nova>>
02/03/2023
Marzo cinematográfico en feminino na Filmoteca de Galicia
A Filmoteca de Galicia (antes CGAI) está a conmemorar o Día da Muller durante todo o mes de marzo cunha carteleira eminentemente feminina, na que 35 das 42 sesións programadas ofrecen traballos de directoras a través de tres novos especiais sobre Márta Mészáros, Kinuyo Tanaka e Helena Wittmann, así como do regreso do ciclo Olladas de muller, que como cada ano organizan conxuntamente a cinemateca da Xunta e o Consello da Cultura Galega. Esta programación arrancou onte na Sala José Sellier da Coruña coa proxección de 'A rapariga', de Márta Mészáros, que poderá verse tamén hoxe xoves ás 18,00 h. Mészáros foi a primeira muller en gañar o Oso de Ouro na Berlinale co seu filme Adopción (1973). Tamén esta semana arranca unha nova entrega do ciclo anual Olladas de muller, co que a Filmoteca de Galicia e o Consello da Cultura Galega celebran o 8 de marzo mediante a proxección de diferentes traballos audiovisuais protagonizados por mulleres, tanto diante como detrás das cámaras. Desta volta, o programa estrutúrase en 10 sesións, a maioría delas compostas por unha longametraxe xunto a unha curta de autoría galega..
Amplía a nova>>
02/03/2023
Unha xira de concertos dá a coñecer a banda sonora de Negro Púrpura
O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolle este 2 de marzo a presentación do vinilo que recolle a banda sonora de
Negro Púrpura. Paulo Pascual correu coa composición da que é a primeira banda sonora do Estado realizada integramente con theremin. Considerado un dos primeiros instrumentos da música electrónica, o intérprete modula as notas mediante a posición das súas mans nun campo magnético..
Amplía a nova>>
01/03/2023
Nani García recibirá o Premio de Honra Fernando Rey
O Premio de Honra Fernando Rey, que outorga cada ano a Academia Galega do Audiovisual, vai neste 2023 para o compositor Nani García. Considerado, en palabras do conselleiro de Cultura Román Rodríguez "un dos grandes talentos musicais do audiovisual galego", García conta con máis de catro décadas de traxectoria no jazz, a música de cámara ou a sinfónica, e asinou bandas sonoras de filmes como
De Profundis,
Una mujer fantástica, filme galardoado cun Oscar,
Valentina ou Engurras..
Amplía a nova>>
27/02/2023
A XXIª edición dos Premios Mestre Mateo comeza repartindo os Premios Especiais
A antesala da gala de entrega dos XXI Premios Mestre Mateo do audiovisual de Galicia que se celebrará en Ourense o vindeiro 11 de marzo foi de novo a xuntanza de finalistas, celebrada nesta ocasión en Allariz, e foi o lugar elixido para a entrega dos Premios especiais desta edición. Estes galardóns, que levan o nome de cada patrocinador, recoñecen valores diferentes dos puramente relacionados coa arte e a técnica audiovisual. Nesta ocasión foron cinco os premios, que foron parar a outras tantas producións: as longametraxes 'O corpo aberto', Valentina e 'O home e o can'; a serie Rapa e a curtametraxe 'La entrega'. .
Amplía a nova>>
27/02/2023
Lois Patiño fai historia ao resultar premiado na Berlinale
Por vez primeira, unha produción galega resultou premiada no prestixioso festival alemán Berlinale. O xurado da sección Encounters outorgoulle este 25 de febreiro o seu galardón especial á longametraxe
Samsara do vigués Lois Patiño. O galego recibiu o galardón ex aequo co filme
Orlando, ma biographie politique de Paul B. Preciado..
Amplía a nova>>
23/02/2023
Matria e Sica competirán no Festival de Málaga
A vixésimo sexta edición do Festival de Málaga contará cunha nutrida representación galega. A sección oficial de longametraxes do prestixioso encontro audiovisual acollerá as producións
Matria de Álvaro Gago e mais
Sica de Carla Subirana. O festival desenvolverase entre os días 10 e 19 de marzo..
Amplía a nova>>
21/02/2023
A rururbanía protagoniza a 18 edición da MICE
A rururbanía, "un concepto definido en relación a aqueles espazos, continuos ou híbridos, xurdidos dun proceso de urbanización de lugares do rural" será o eixe da décimo oitava Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. O Museo do Pobo Galego co apoio do Concello de Santiago, a área de Cultura da Deputación da Coruña e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) organizan este encontro, que se desenvolverá entre o 15 e o 21 de marzo vindeiros..
Amplía a nova>>