A vixésimo sexta edición do Festival de Málaga contará cunha nutrida representación galega. A sección oficial de longametraxes do prestixioso encontro audiovisual acollerá as producións Matria de Álvaro Gago e mais Sica de Carla Subirana. O festival desenvolverase entre os días 10 e 19 de marzo.
Canda a estas obras, o director Dani de la Torre compite na sección Pantalla TV co filme La unidad Kabul, mentres Carmen P.G. Granxeiro achega a súa Nun tempo de horta á sección oficial Cinema Cocina. Pola súa banda, Javier Veiga participa fóra de concurso na sección oficial con Amigos hasta la muerte. Tamén, fóra de concurso, o festival acolle a estrea de Honeymoon, novo filme de Enrique Otero.