As produtoras galegas preparan a súa presenza no Festival de Cine de Málaga

GZ-MLG

10/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Festival de Cine de Málaga (17-25 de marzo) é un dos eventos máis destacados do cine español. Na sección oficial da concurso compiten dúas longametraxes galegas, “Os aires difíciles” (Continental) e “Un franco, 14 pesetas” (Adivina Producións) e dúas películas para televisión “Conto de Nadal” (Fílmax) e “Ecos” (TVG e Continental). Na sección "Cine para a infancia", das actividades paralelas proxectarase a produción de Dygra, “O soño dunha noite de San Xoán”. Ademais, as produtoras estarán presentes nos catro mercados que se agrupan baixo a marca de “Málaga Markets”.

Máis información no web do Festival

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Málaga, Nadal, San Xoán...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares