O tándem Continental- Tornasol acaba de gañar un dos premios máis importantes para o cine español. Trátase da Biznaga de Ouro a mellor pelÃcula (dotada con 60.000 euros) pola adaptación cinematográfica da novela de Almudena Grandes, “Os aires difÃciles”. Non é a única produción galega que gañou en Málaga, xa que a curtametraxe “Madres” que dirixiu Mario Iglesias recibiu o premio do público. Por outra banda, malia que só leva dúas convocatorias, o festival Play-Doc vaise asentando no circuÃto de eventos do audiovisual. O festival tivo lugar esta fin de semana e concedeu o seu premio grande (2.000 euros e un ftrofeo) a Andrey Paunov pola longametraxe documental “Georgi e as mariposas”. A sección “Atlántico” (2.000 euros e trofeo) foi para o brasileiro Roberto Berliner por “A persoa é para o que nace” e na de curtametraxes o galardón (1.000 euros e trofeo) foi para Jarek Sztandera por “Po Cud”
Máis información sobre os palmarés nos sitios web do Festival de Málaga e no de Play Doc