“The Mother´s house” chegaba ao festival de Documentais de Tui, Play Doc, avalada por unha grande cantidade de premios, e a súa “sutil mirada coa que observa unha historia complexa” en palabras do xurado, fÃxoa merecedora do premio á mellor longametraxe (3.000 euros máis trofeo). En curtametraxes “A girl named Kai” de Kaei King Xue e “I want to be a pilot” de Diego Quemada DÃez compartiron os 1.000 euros do galardón. O premio Atlántico para producións galega e portuguesa foi para “Ainda há pastores?” de Jorge PelÃcano, o premio especial TVG levouno “Sisters in law”, o que concede o consorcio (Foco Galicia ) foi para “Bs.As” de Alberte Pagán, e os irmáns JoaquÃn e Lautaro Mateo Morales gañaron o Play Avid Doc por “Historias da liña azul”.
Máis información no web do Play Doc e na nosa hemeroteca