Dúas producións galegas compiten no Festival de Cine de Málaga

Chega málaga

12/3/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Comeza a conta atrás para que comece a undécima edición do Festival de Cine Español de Málaga (4-12 de abril). Unha cita que conta con dúas producións galegas na sección oficial a competición. Dunha banda, a última película de Xavier Bermúdez, “Rafael” e, da outra, o documental de Margarita Ledo “Liste, pronunciado Líster”. Canda estas películas, no marco do festival poderán verse outras coproducións galegas como “Mar adentro”, “Os luns ao sol”, “Míah Sarah” e as producións de Filmanova “Os totenwackers” e as de Bren “Donkey Xote” e “Nocturna”.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Málaga, Cine, Xavier Bermúdez, Documental...