A curta “O Bufón e a Infanta” abre a representación galega no Festival de Málaga

Málaga máis preto

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Hoxe arranca a undécima edición do Festival de Cine Español de Málaga, o referente máis destacado do audiovisual que se produce no Estado e no que hai nutrida representación galega. A produción de Dygra “O bufón e a infanta” abrirá a proxección de curtametraxes a concurso. Con ela iníciase a presenza galega no festival que conta con dous traballos en sección competitiva: a última película de Xavier Bermúdez, “Rafael”, que foi rodada en galego, e o documental de Margarita Ledo “Liste, pronunciado Líster”. Ademais, haberá diferentes coproducións nos ciclos de exhibición, non competitivos, que ten programado a organización.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Málaga, Xavier Bermúdez, Documental, Cine...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares