Trece producións galegas compiten no Festival de Málaga

Outras catro participan na sección de exhibición

11/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Cartel do XV Festival de Málaga

O XV Festival de Málaga, considerado unha das principais citas para o audiovisual a nivel estatal, conta este ano cunha masiva presenza galega. Nada menos de 17 producións, 13 a concurso e 4 en exhibición, poderán verse ao longo deste evento, que se desenvolve entre o 21 e o 28 de abril. Dos filmes participantes destaca a grande presenza da animación, con 7 producións do país entre as que se atopan as longametraxes, O Apóstolo e Holy Night, que se estrea neste evento.

Precisamente O Apóstolo é o primeiro filme de animación de compite na categoría a mellor longametraxe, un premio ao que tamén opta El sexo de los ángeles, de Xavier Villaverde. Anacos de Xacio Baño opta ao premio de curtametraxes e Nacional VI e A muller do Eternauta ao de documentais. Ao tempo, no apartado especial poderán verse Los días blancos de José Manuel Mouriño, e Brasil somos nós

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Málaga, Animación, Apóstolo, Xacio Baño...