O audiovisual galego conquista o Festival de Málaga

Tres longametraxes, dous documentais e unha curta participan no evento

22/4/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Unha importante presenza galega desembarca no Festival de Cinema de Málaga, que abre hoxe as súas portas. En total serán tres longametraxes de ficción, dous documentais e unha curtametraxe de directores do noso país ou realizadas en Galicia as que fan parte deste prestixioso encontro. Entre as producións destacadas está a estrea de Estirpe, ópera prima do coruñés Adrián López, e mais a presentación de Kauflanders, de Olaia Sendón.
O filme Toro, que protaganizan Luís Tosar e Mario Casas e que se rodou parcialmente en Vigo abrirá, fóra de concurso o evento. Nas seccións de curtametraxes, Unary do noiés Luís Avilés Baquero, o documental Freedom to kill other's children de David Varela e Cocinando en el fin del mundo de Alberto Vaamonde completan a representación.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Málaga, Documentais, Olaia Sendón, Luís Tosar...