A TVG apoiará cinco filmes e catro documentais en 2015

Oliver Laxe e o proxecto En todas as mans reciben apoio da canle pública

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Toro, con Luís Tosar e Mario Casas, As mimosas de Óliver Laxe, María e os demais, a ópera prima de Nely Reguera, a coprodución Maimiño e mais o filme de animación A tropa de trapo 2 recibirán apoio económico da Televisión de Galicia. A Comisión Directiva de Programación da canle pública anunciaba hai dous días a súa participación nun total de nove producións, nas que ademais destas longametraxes inclúense catro documentais. En concreto trátase dos proxectos A Seara de Pepe Coira, O ferry de Portomouros, En todas as mans centrado na realidade do monte veciñal e A batalla descoñecida, dedicada a extracción do wolframio durante a Segunda Guerra Mundial.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, TVG, Oliver Laxe, Luís Tosar...