A revista The New Yorker recomenda o filme Mimosas de Óliver Laxe

Álvaro Gago suma galardóns para Matria no festival de Aguilar de Campoo

O crítico estadounidense Richard Brody incluíu un filme galego, Mimosas de Óliver Laxe na súa listaxd dos 35 mellores longametraxes do ano. A selección, publicada na prestixiosa revista The New Yorker, sitúa a produción no posto 33 canda a grandes directores internacionais como Terrence Malick, David Lynch ou Agnès Varda, segundo recolle o semanario Sermos Galiza. Brody define a obra de Laxe como unha "road movie metafísica".

Pola súa banda, Álvaro Gago continúa a sumar galardóns para a súa produción Matria. Desta volta fíxose co premio do Festival Internacional de Curtametraxes de Aguilar de Campoo, Palencia, que fechaba as súas portas o pasado 10 de decembro. Ademais do premio á mellor produción española, a curta levou tamén o galardón á intepretación feminina polo labor de Francisca Iglesias Bouzón, protagonita da fita.