No marco das accións de apoio dos medios públicos ao sector audiovisual de Galicia, a CRTVG daba a coñecer este 27 de setembro as producións cinematográficas que recibirán fondos da compañía para o seu desenvolvemento. Segundo anunciou a corporación, trátase de catro longametraxes de ficción, outros tantos documentais e un filme de animación os que conseguiron estes apoios en 2023.
A longametraxe sobre Castelao que está a producir Zaza Ceballos é un dos proxectos que conseguiu o apoio destes fondos. Canda a este, a comedia dramática A volta, producida por Vía Láctea Films e dirixida por Sandra Montes, o drama de Diana Toucedo Quero vivir nun grito e mais a adaptación literaria A mazá dourada, do produtor Xosé Zapata, son as catro longametraxes de ficción seleccionadas.
No ámbito dos documentais, a CRTVG apoiará Aurora, filme que retrata a relación da directora Area Erina cunha muller do rural ao longo de dez anos, e o retrato do artista Manuel Outumuro que asina Aser Álvarez, son dous dos proxectos seleccionados. Acompáñanos A Contra Armada, documental histórico de Simón Casal que retrata o asedio inglés á Coruña de 1589, Hoxe e o resto do mundo, un proxecto de Cecilia Díaz que pretende ofrecer unha visión global de Isaac Díaz Pardo a mesturar documental e ficción.
Finalmente, no campo da animación, o filme O soño da sultá que acaba de conseguir o premio da Asociación de Guionistas Vascos no Festival de San Sebastián, foi a seleccionada. A Comisión Directiva de Avaliación de Proxectos de Apoio á Produción Cinematográfica da Corporación foi a responsable de realizar a selección.