Catro producións audiovisuais galegas en proxección internacional

Trátase de tres documentais en Marsella e El Desconocido en Nova York

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma de El Desconocido

Fotograma de El Desconocido

Tres documentais galegos participan en diferentes seccións do Festival Internacional de Documentais de Marsella, segundo informan no blog Acto de Primavera. No encontro de financiamento participará o próximo proxecto de Lois Patiño: Tempo Vertical. Nunha sección paralela estará a mediometraxe Día da Victoria de Alberto Lobelle e na competición a mellor ópera prima o Jet Lag de Eloy Domínguez Serén. Por outra banda, o filme El desconocido, protagonizado por Luís Tosar e coa participación de Vaca Films e a TVG na produción, foi seleccionado polo organismo European Film Promotion para ser exhibido nun pase para a industria no Tribeca Grand Hotel Screening Room de Nueva York, de cara a súa exhibición en salas americnas.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Nova York, Eloy Domínguez, Lois Patiño...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares