O Museo do Pobo Galego acollía na mañá deste seis de marzo a presentación do programa da décimo oitava edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. A cita audiovisual que coordina o propio museo contará nesta xeira, que se celebra entre os vindeiros 15 e 21, cun total de 11 filmes a concurso, dos cales catro son galegos. Ademais, o encontro mantén as sección paralelas Impropias, dedicada ao cine realizado por mulleres, Lindes e Trazas.
Como unha das propostas máis destacadas desta xeira a sesión inaugural do programa, o vindeiro 15 de marzo ás 20 horas no Teatro Principal de Compostela, permitirá ver a reprodución que o cineasta Pepe Coira fixo do desaparecido filme de Antonio Román Canto de emigración. Trátase "dunha reconstrución realizada a partir dos materiais que se conservan da película: o seu guión, unha serie de fotografías da rodaxe, e a partitura orixinal da música composta por Teódulo R. Páramos". A proxección irá acompañada da interpretación ao vivo desta peza, a cargo da Orquestra Clásica de Vigo.
Nas seccións competitivas, once filmes optan ao Premio MICE ao Mellor Filme internacional, entre eles catro propostas galegas. Neste apartado proxectaranse estreas europeas como a da francesa Porte de Clichy, de Sébastien Marziniak; Las colonias, do mexicano Luis Lazalde; e o documental arxentino I Nostri Giorni,de Gisela Peláez. Como estrea estatal chega Detached, do ruso Vladimir Krivov (Federación Rusa). Completan o espazo internacional o filme ecuatoriano La primera puerta, do Colectivo Súper Cuy; a italiana Aylesbury Estate, dirixida por Carlotta Berti, e o filme español Tolyatti Adrift, de Laura Sisteró. As propostas galegas, que tamén competirán entre si polo título de Mellor Filme Galego, son Malgrat, de Santiago Teijelo, que se estrea nesta cita; Al otro lado del mar, de Eloy Domínguez Serén e colombiano Samuel Moreno Álvarez; e mais as curtametraxes Tatuado nos ollos levamos o pouso, de Diana Toucedo; e A festa do emigrante, de Sara Traba. Todos os filmes optarán tamén ao Premio AGANTRO á excelencia antropolóxica, ao Premio CREA, que outorga a Asociación Galega de Profesionais da Realización e a Dirección, e mais e ao Premio do Público. A cerimonia de entrega terá lugar o domingo, 19 de marzo, ás 12:30 horas no Museo do Pobo Galego.
Coa intención de "reforzar a presenza do cine realizado e/ou producido por mulleres", a organización da MICE programa a sección Impropias, comisariada desta volta pola cineasta Ainhoa Rodríguez. Este espazo acollerá as proxeccións de Destello bravío, da propia cineasta, canta á británica Cow de Andrea Arnold e Eldorado XXI da portuguesa Salomé Lamas. Ademais, Rodríguez manterá unha entrevista aberta co xornalista e director da revista A Cuarta Parede, Jesús Silva. No apartado que coordina o Cineclube de Compostela, Trazas, poden verse producións consideradas referentes do cinema etnográfico. Desta volta a selección inclúe os títulos As cidades e as trocas, Al-Sandawich, The Conwy Crossing, Guías turísticas satánicas: Polígono de Coia, Contras' City e Boca de Lixo.
A Sección Lindes, pola súa banda, acolle tres filmes que chegan da man do MDOC, Festival Internacional de Documentário de Melgaço, e nos que o público poderá departir coas creadoras e creadores detrás destas producións. Dispersos pelo centro, de António Aleixo, Four Seasons in a Day, de Annabel Verbeke e unha selección de filmes do proxecto Plano Central compoñen este apartado.
Nas actividades paralelas, o festival achega unha exposición na que Marta Valverde explora o concepto de rururbanía desde a súa experiencia persoal. O programa acolle tamén a presentación da Asociación Memoria e Cinema, que se define como "un colectivo de xente nova que se une para tratar a historia e a memoria a través do audiovisual". As proxeccións dos filmes Dores (2020) e Na pel da memoria (2022), canda a unha actuación musical de Su Garrido Pombo acompañarán esta actividade. Un obradoiro sobre prácticas audiovisuais colaborativas e antropoloxía audiovisual e a sección escolar MICE Petís completan o programa. Ademais, entre 13 o 30 de marzo poden verse no web do festival unha selección de filmes que pasaron por anteriores edicións da cita.
a