O Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos na nosa historia, ven de incorporar unha entrada sobre o actor Xosé Manuel Olveira, "Pico" (Esteiro, Muros, A Coruña, 1955 Santiago de Compostela, 2013). A biografía de "Pico" é unha das nove dedicadas a intérpretes de teatro e audiovisual de entre as 663 que actualmente ten este contedor de historias de vida, o que lle outorga aínda máis importancia á súa presenza. Xunto a el, figuran no Álbum do CCG os nomes de Ernesto Chao, Dorotea Bárcena, Marisa Soto, Maruxa Villanueva, María Casares, Manuela Rey, Josefina Blanco Tejerina e Tacholas no eido da interpretación escénica ou audiovisual. Ana Abad de Larriva asina este percorrido pola vida do actor esteirán, que destacou pola súa ampla traxectoria nas artes escénicas e no audiovisual. Apaixonado do teatro pola súa maxia insubstituíble, segundo el mesmo recoñeceu, participou en numerosas obras teatrais, así como en filmes de diferente metraxe.
"Pico, que destacou como un actor dunha gran versatilidade, capaz de transitar con habelencia entre a comedia e o drama, e posuidor dunha presenza física e vocal que axiña cativaba o público, tamén traballou con compañías privadas, subliña na súa entrada Ana Abad. Entre elas, figuran grupos como Uvegá Teatro, O Moucho Clerc, Teatro do Aquí, Os monicreques de Kukas, Teatro de Adro, Eme2 ou Lagarta, Lagarta. Así mesmo, participou nalgunhas pezas de teatro radiofónico na Radio Galega. Entre os recoñecementos que recibiu, gañou tres Premios María Casares ao mellor actor protagonista (1999, 2002 e 2012) e outro ao mellor actor secundario (2000), e obtivo os premios de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva (2008) e o da Crítica de Galicia na modalidade de Artes Escénicas e Audiovisuais (2012). A título póstumo, recibiu o recoñecemento como Xograr de Outono do FIOT de Carballo en 2013 e o Premio de Honra Marisa Soto nos Premios María Casares de 2014. Presidente da Academia Galega do Audiovisual entre 2009 e 2011, Pico obtivo tamén dous Premios Mestre Mateo á mellor interpretación masculina de reparto por Os mortos van ás présas (2009) e Retornos (2010).