18/03/2009
Chega o momento da realidade
Play Doc é, ante todo, unha oportunidade única para ver un cine independente que non chega ás salas comerciais. Pero non só iso, é un festival de pequeno formato que permite ao público dialogar cos directores ao tempo que coñece as súas obras. Falamos con Ángel Sánchez, codirector do encontro que comeza hoxe, cunha sección oficial anegada de relacións interpersonais con aires de superación das dificultades diarias. Dálle ao Play..
Amplía a nova>>
16/03/2009
Un ciclo de vídeo repasa no CGAC a historia da fotografía
A porta aberta é un proxecto televisivo que repasa en 13 capítulos (de 26 minutos de duración) a historia da fotografia. As tendencias, o papel das imaxes, as instáneas máis destacadas son algúns dos temas que se analizarán neste ciclo que se proxecta no vestíbulo do CGAC como complemento á exposición
Pequena historia da fotografía. Dos 17 ao 22 e do 24 ao 29 de marzo, en horario de 11:00 a 20:00 horas proxectarase este proxecto producido para a ETB Basque. .
Amplía a nova>>
16/03/2009
Fernández-Coca realizará os carteis que ilustren as actividades de Mundos Dixitais
Hai unhas semanas coñecíamos as datas da VIII edición de Mundos Dixitais, así como o nome de Alex Román, un dos participantes neste importante foro relacionado coa animación, arquitectura e videoxogos dixitais. Agora, os organizadores do encontro acaban de anunciar que será o profesor e deseñador Antonio Fernández-Coca o encargado de realizar os carteis cos que se ilustre o programa de Mundos Dixitais. En total, fará vinte carteis informativos dos espazos e actividades desta edición. .
Amplía a nova>>
13/03/2009
O espírito do bosque participará na sección oficial do festival de cine infantil de Toronto
Sprockets é o nome do Festival de Cine Infantil (para maiores de 3 anos) que se desenvolve en Toronto do 18 ao 24 de abril. Unha cita á que acudirá Dygra Films co seu filme,
O espírito do bosque. Faráo na sección oficial dun festival que conta con obradoiros, proxeccións e programas escolares para achegar aos máis pequeno ao mundo do cinema..
Amplía a nova>>
13/03/2009
Galicia perdeu no 2008 preto de 200.000 espectadores
O Ministerio de Cultura acaba de dar a coñecer os datos de asistencia a cine no 2008. Unhas cifras que confirman a tendencia descendente dos últimos anos e que no Estado se saldou con nove millóns menos. Galicia non é allea a esa situación e no 2008 foron 186.107 espectadores menos que no ano 2007. Por provincias, Pontevedra foi a comunidade que rexistrou un descenso maior, ao perde 84.072 asistentes seguido da Coruña con 76.880. Sen embargo, son estas provincias as que seguen a ter un maior número maior de salas e de asistentes. O Ministerio tamén facilitou as 25 longametraxes españolas con maior recadación, entre as que hai tres títulos con participación galega:
Os xirasois cegos (con catro millóns),
O espírito do bosque (un millón) e
Pérez, o ratiño dos teus soños (con preto de seiscentos mil euros)..
Amplía a nova>>
12/03/2009
Os mortos van ás présas bate o récord dos Mestre Mateo con 20 candidaturas
Malia a que se estrea mañá nas salas de cine comerciais, a primeira longametraxe de imaxe real de Ángel de la Cruz,
Os mortos van ás présas, é hoxe a gran protagonista. Foi o nome máis repetido na lectura dos candidatos dos Mestre Mateo 2008, que concede a Academia Galega do Audiovisual. Ata en 20 ocasións se mencionou á produción que é finalista, entre outras, nas categorías de longametraxe, dirección e guión. A película de Ángel de la Cruz terá un Mestre seguro, o de interpretación feminina de reparto, xa que as catro finalistas son as actrices do filme. Séguelle a serie de televisión
Padre Casares con doce candidaturas e as producións
A noite que deixou de chover e
Pradolongo que suman seis cada unha. A gala de entrega dos premios do audiovisual galego, os Mestre Mateo, terá lugar en Pontevedra o vindeiro 30 de abril. .
Amplía a nova>>
12/03/2009
Os mortos apurados
Este venres 13 chega ás salas de cine de toda España a última produción do audiovisual galego. Chámase
Os mortos van ás présas e toma o seu nome dun poema de Rosalía (
En las orillas del Sar). Conta as aventuras (e desventuras) dunha camioneira (Neus Asensi) atrapada nunha vila cando vén buscar marisco a Galicia. Unha accidentada comedia que fai unha pequena homenaxe a Fernando Fernán Gómez, que finou no medio do proxecto..
Amplía a nova>>
10/03/2009
A Unión de Actores recoñece o premio de Berta Ojea en A señora
A coruñesa Berta Ojea recibiu onte o galardón a mellor actriz de reparto nos premios cos que a Unión de Actores recoñece as mellores series de televisión e películas de cine. Nesta ocasión, os actores premiaron a interpretación de Ojea en
A señora, a serie que emite Televisión Española. A triunfadora da noite foi
Camino, o filme de Javier Fesser, ao recibir os galardóns de mellor actor e actriz nas categorías de reparto e protagonista. A gala tivo lugar no Teatro Circo Price de Madrid..
Amplía a nova>>
09/03/2009
Os guionistas elixen a Henrique Rivadulla para que presida a súa asociación
A Federación de Asociacións de guionistas de España, que agrupa as asociacións galega, catalana, vasca e valenciana, acaba de escoller nova xunta directiva. O galego Henrique Rivadulla Corcón foi elixido como presidente desta entidade estatal que agrupa a preto de 600 socios. O catalá Albert Plans mantense como vicepresidente, mentres que mudan o secretario (agora é o vasco Pedro Fuentes) e a tesoureira (a valenciana Sandra Gómez). Son vocais César Sabater e Carlos Piñeiro. O seu mandato pretende mellorar as condicións laborais dos guionistas e a unión do colectivo, así como a organización de actividades. .
Amplía a nova>>
06/03/2009
O Cineclub Poleiro regresa á actividade cun filme de Denys Arcand
O cineclubismo está vivo en Galicia. Non hai máis que ver o número de entidades deste tipo que perviven a día de hoxe. Sen embargo, o caso do Cineclub Poleiro é especialmente peculiar. No 2005, no marco do peche de salas de cine, a entidade quedou sen espazo no que continuar a súa actividade expositiva. Agora, catro anos despois, a asociación recupera a súa activade pero en Goián (Tomiño). A filosofía de traballo non muda e seguirá fiel á súa liña de traballo: filmes de calidade e actual. A nova etapa desta entidade comezou coa proxección do filme
A idade da ignorancia, do canadense Denys Arcand..
Amplía a nova>>