Este venres 13 chega ás salas de cine de toda España a última produción do audiovisual galego. Chámase Os mortos van ás présas e toma o seu nome dun poema de Rosalía (En las orillas del Sar). Conta as aventuras (e desventuras) dunha camioneira (Neus Asensi) atrapada nunha vila cando vén buscar marisco a Galicia. Unha accidentada comedia que fai unha pequena homenaxe a Fernando Fernán Gómez, que finou no medio do proxecto.