Malia a que se estrea mañá nas salas de cine comerciais, a primeira longametraxe de imaxe real de Ángel de la Cruz, Os mortos van ás présas, é hoxe a gran protagonista. Foi o nome máis repetido na lectura dos candidatos dos Mestre Mateo 2008, que concede a Academia Galega do Audiovisual. Ata en 20 ocasións se mencionou á produción que é finalista, entre outras, nas categorías de longametraxe, dirección e guión. A película de Ángel de la Cruz terá un Mestre seguro, o de interpretación feminina de reparto, xa que as catro finalistas son as actrices do filme. Séguelle a serie de televisión Padre Casares con doce candidaturas e as producións A noite que deixou de chover e Pradolongo que suman seis cada unha. A gala de entrega dos premios do audiovisual galego, os Mestre Mateo, terá lugar en Pontevedra o vindeiro 30 de abril.
No transcurso de apertura do sobre cos candidatos, a presidenta da Academia Galega do Audiovisual, María Bouzas destacou o incremento de candidatos a estes galardóns que premian as mellores producións feitas ou estreadas no 2008. Canda isto, tamén se deu a coñecer o nome do premio de Honra Fernando Rey, que recoñece a traxectoria dun profesional no sector audiovisual. Este ano, o galardoado foi Suso Montero, director artístico con máis de 130 traballos acreditados, entre os que destaca Flores Tristes, polo que tamén é finalista nesta edición dos Mestre Mateo.