Novas | 2751 a 2760 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

01/04/2009
Olladas propias

Entre o 1 de febreiro e o 1 de maio, estrearanse no noso país 16 producións audiovisuais de pequeno formato. A metade delas documentais, o que demostra que o tirón dado por este xénero non é algo anecdótico nin puntual. Superado o bum de proxectos sobre a represión da Guerra Civil que protagonizou moitos dos traballos o ano pasado, chega o momento das historias actuais. De denuncia, de lembranza pero, sobre todo de homenaxe. Consolídase o audiovisual como vehículo de expresión.. Amplía a nova>>

31/03/2009
Convocadas as primeiras axudas automáticas do audiovisual

A Axencia Galega das Industrias Culturais acaba de convocar as primeiras axudas automáticas do audiovisual. Unhas axudas novidosas por numerosos motivos, entre eles porque se conceden as axudas a fondo perdido a producións estreadas (entendida como comercial ou venda en televisións en aberto ou pechado) conforme a uns criterios obxectivos. En total destina 600.000 euros a longametraxes e series de televisión e entre os criterios a seguir destaca a asistencia de público nas salas de cinema galegos, os contratos en firme que teña con canles de televisión e contratos firmes con distribuidores de vídeo/DVD, venda de dereitos, así como a difusión en festivais de cine. Ademais, as axudas serán maiores se están rodadas en galego e, no caso dos telefilmes haberá primas se se empregan directores noveis e se a participación das mulleres supera unhas determinadas porcentaxes.. Amplía a nova>>

30/03/2009
As produtoras galegas presentarán en Cannes 33 proxectos

Hoxe comeza en Cannes unha nova edición do MIPTV, o mercado da televisión que amosará as tendencias dos produtos que veremos na pequena pantallas nos vindeiros meses. Unha cita á que o Clúster do Audiovisual Galego acode por primeira vez con caseta propia, e na que presentará 33 proxectos, entre series de ficción, animación, documentais, formatos de entretemento e catálogos. Pero non todas van vender e buscar contactos, Televisión de Galicia e Voz Audiovisual asisten a este estratéxico mercado para comprar novos formatos televisivos. . Amplía a nova>>

30/03/2009
O Consorcio Audiovisual destinará 160.000 euros a financiar coproducións con Brasil

Hoxe ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a segunda convocatoria do Fondo de coprodución Galicia-Brasil. Unha iniciativa que xorde do encontro que organizaron o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Agência Nacional do Cinema (ANCINE) en Salvador de Bahía entre o 13 e o 15 de marzo. Este fondo subvenciona (cun máximo de 160.000 euros por proxecto) longametraxes e documentais que se realicen entre produtoras destes dous países. Criterios industrias, creativos e a relevancia do proxecto serán determinantes nesta convocatoria que ten aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 30 de abril.. Amplía a nova>>

25/03/2009
Un documental, un thriller e un concerto recuperan a historia da discoteca Clangor

Non foi só unha discoteca. Clangor foi, en palabras de Loquillo, un dos músicos que contribuíu a crear o mito, “a voz de expresión dunha xeración”. O que fóra o seu propietario, o pintor e deseñador Fernando Pereira, destacou que o local tentou traer ata Galicia os grupos e referentes da movida internacional, principalmente do rock&roll, de finais dos oitenta. E este é o espírito que pretende recuperar o “Proxecto Clangor”, iniciado polo director compostelán Pablo Iglesias. Un documental, unha película de ficción (un thriller protagonizado por María Valverde) e un concerto-homenaxe servirán para recuperar a historia dun local truncada por un atentado do Exêrcito Guerrilheiro do Povo Galego Ceive no que morreron tres persoas.. Amplía a nova>>

25/03/2009
A produtora Perro Verde realizará a versión animada da BD Arrugas

A historia do álbum de BD Arrugas, de Paco Roca, terá unha versión animada en cine de man da produtora galega Perro Verde Films. A adaptación cinematográfica da obra contará coa dirección de Ignacio Ferreras e guión do propio Roca e mais Ángel de la Cruz. A produtora adiantou que conta co actor José Sacristán para pórlle voz ao autor protagonista e con Piti Sanz e Iván Aledo a cargo da banda sonora. Arrugas foi a obra que lle outorgou a Paco Roca o Premio Nacional de Cómic 2008, outorgado polo Ministerio de Cultura, e leva xa máis de 17.000 exemplares vendidos. A obra, ambientada nunha residencia da terceira idade, está centrada na problemática do Alzheimer.. Amplía a nova>>

23/03/2009
O achegamento ás figuras de Shakespeare e Víctor Hugo gaña o premio Play Doc

“Construír un clima de suspense e desvelar a identidade dun personaxe entre luces e sombras” son algúns dos méritos polos que Intimidades por Shakespeare e Víctor Hugo é a longametraxe documental gañadora da V Edición de Play Doc. Canda esta produción da mexicana Yulene Olaizola, completan o palmarés Cyanosis da Iraní Rokhsareh Ghaemmagami na categoría de curtametraxes, mentres que Manuel e Elisa e París 1 compartiron o de mellor documental galego. Os premios foron entregados no marco da gala de clausura desta quinta edición de Play-Doc. . Amplía a nova>>

23/03/2009
O galego José María Besteiro compra accións da cadea líder de telenovelas en EEUU

José María Besteiro (Riotorto, Lugo, 1963) acaba de dar un paso máis na constitución dun grande emporio audiovisual ao mercar (como socio de Dreamhouse) un paquete de accións que lle permite controlar o 50% de Latele Novela Network, a cadea especializada en telenovelas de Estados Unidos. Besteiro convértese así nun dos primeiros españois con intereses nunha canle norteamericana que, con só tres anos de andaina, conta con millón e medio de abonados. Besteiro ten unha ampla traxectoria no sector audiovisual, con fitos coma formar parte do equipo fundador de Canal Plus, participar na división das canles temáticas latinoamericanas de Time Warner e Bertelsmann, ou fundar no 2006 Distrivisión, unha distribuidora de contidos audiovisuais.. Amplía a nova>>

20/03/2009
Trinta localidades participarán na Semana do Audiovisual Galego

O vindeiro 30 de abril terá lugar a gala de entrega dos premios Mestre Mateo. Como antesala, a Academia Galega do Audiovisual organiza cada ano un circuíto no que o público puidese ver os finalistas desa edición. Nesta ocasión, esa semana de exhibición (coñecida como Semana do Audiovisual Galego) terá lugar entre o 20 e 25 de abril. Segundo figura no web da Axencia Audiovisual Galega, que presta salas da súa rede de exhibición Cinemas dixitais, serán trinta localidades as que formen parte do itinerario.. Amplía a nova>>

20/03/2009
Concertos, documentais e un obradoiro enchen o programa de Play DOC para esta fin de semana

Tui é, ata o domingo, a capital do documental. A V edición do Play Doc xa está en marcha coa habitual sección oficial competitiva (nas categorías de longametraxes, curtametraxes e documentais galegos), a retrospectiva do director lituano, Audrius Stonys; un seminario práctico, así como numerosos documentais de temática musical cuxos grupos ofrecerán na localidade pontevedresa diferentes concertos. Será o domingo, coa entrega do premios, cando remate este encontro que achega o máis selecto do documental actual.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org