José MarÃa Besteiro (Riotorto, Lugo, 1963) acaba de dar un paso máis na constitución dun grande emporio audiovisual ao mercar (como socio de Dreamhouse) un paquete de accións que lle permite controlar o 50% de Latele Novela Network, a cadea especializada en telenovelas de Estados Unidos. Besteiro convértese asà nun dos primeiros españois con intereses nunha canle norteamericana que, con só tres anos de andaina, conta con millón e medio de abonados. Besteiro ten unha ampla traxectoria no sector audiovisual, con fitos coma formar parte do equipo fundador de Canal Plus, participar na división das canles temáticas latinoamericanas de Time Warner e Bertelsmann, ou fundar no 2006 Distrivisión, unha distribuidora de contidos audiovisuais.