Dúas clases ensinarán as claves na venda de telenovelas e o mercado videográfico

Intégranse no curso de posgrado de comercialización internacional de traballos audiovisuais

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A comercialización e internacionalización son as claves do éxito dos produtos audiovisuais. Por ese motivo, a Escola de Medios de La Voz de Galicia, a Universidade da Coruña e o Consorcio Audiovisual organizan un curso de posgrado especializado nesa temática. No marco dese curso, Juan Carlos Tous, director xeral da distribuidora Cameo, e Patricia Porto, directora de ventas de Televisa Estudios, achegarán cadansúa clase para ensinar a vender produtos videográficos e as claves das telenovelas, respectivamente. A primeira delas terá lugar este venres 8, mentres que a de Patricia Porto será o día seguinte, e achegará as claves da telenovela, xénero en auxe en países europeos e asiáticos.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xénero, Universidade da Coruña, La Voz de Galicia, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)