Preséntase na Coruña unha nova edición do curso de comercialización internacional de contidos

É a terceira edición deste programa formativo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Un dos hándicaps do sector audiovisual galego pasa pola comercialización exterior dos traballos audiovisuais. E nesa dirección pretende actuar o curso de Posgrao de Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais (CICA) que organizan a Universidade da Coruña e o Consorcio Audiovisual de Galicia. Técnicas de comercio exterior, coñecemento do mercado cinematográfico e televisivo americano, europeo e asiático, así como estratexias de mercadotecnia internacional compoñen o programa deste curso do que se acaba de presentar na Coruña a súa terceira edición.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio Audiovisual de Galicia, Universidade da Coruña