Unha sesión analiza as novas formas de explotación das salas de cine

Abre unha nova edición do curso de Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Houbo un tempo no que as salas de cine eran só espazos para a proxección de películas. Agora, xa se poden ver óperas e retransmisións deportivas. ¿É este o futuro das salas? As respostas a esta pregunta están na conferencia que mañá pronunciará Ángela Álvarez Rilla, produtora executiva e responsable do programa audiovisual do Teatro Real de Madrid baixo o título As salas de cine e espacios públicos como pantallas de acontecimentos en directo: unha nova forma de explotación comercial para o sector audiovisual?. Con esta cita ábrese unha nova edición do Curso de Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais que desenvolve o Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA) en colaboración co Consorcio Audiovisual de Galicia e o Instituto de Comercio Exterior. A cita é de balde e está aberta a profesionais e interesados na materia.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Teatro, Consorcio Audiovisual de Galicia, Madrid

Claves

Conceptos
Lugares