Unhas xornadas debaten en Santiago modelos de comercialización audiovisual

Nelas analizarase o plan de promoción de Cela 211

Cela 211 é a coprodución galega que está arrasando nos cines comerciais. Por iso, é normal que o seu plan de promoción sexa obxecto de estudo no marco dunhas xornadas sobre márketing e comercialización audiovisual. Un encontro que organizan os produtores (AGAPI), a Universidade (USC) e a Xunta de Galicia e que arrinca hoxe en Compostela. Canda o caso concreto de Cela 211, tamén se analizarán fórmulas como o patrocinio, a explotación comercial da obras e as canles de distribución, a comercialización en festivais e mercados, a creatividade e a publicidade, as ferramentas do marketing 2.0. e a comercialización en salas de cine.

Ligazóns