Finalmente serán trece os filmes en galego que se poderán ver na provincia da Coruña mercé ás axudas á distribución, comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega que convocou a Deputación Provincial. As once solicitues que se presentaron á convocatoria reparten un orzamento de 123.816 euros e permitirán a distribución de tÃtulos como Dhogs, A batalla descoñecida, Memorias dun home en pixama, A Estación violenta, Sicixia ou O soño de papá entre outros. O BoletÃn Oficial da Provincia do pasado xoves 6 de setembro publicou a resolución definitiva desta convocatoria, que cobre o investimento en marketing, publicidade, dobraxes e subtitulados ou asistencia a festivais.