A Deputación da Coruña ven de convocar unha nova liña de axudas destinadas á distribución de contidos audiovisuais en galego en calquera localidade da provincia. Apoiar a distribución, comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega é o obxectivo da nova liña de axudas á que o ente provincial destina un orzamento de 150.000 euros que sae publicada no BOP do mércores dÃa 28 de marzo e ten o prazo de presentación aberto até o vindeiro 8 de maio. A convocatoria considera dúas modalidades, unha de apoio aos contidos audiovisuais galegos (longametraxes, curtametraxes, documentais, etc.) para a súa distribución e exhibición en lingua galega (VO, VOSG ou dobraxe ao galego) e outra para a distribución en lingua galega de contidos audiovisuais non galegos.
A nova liña de axudas responde á necesidade de difusión de produtos audiovisuais en lingua galega e nace do recoñecemento do campo audiovisual como ámbito estratéxico de creación de contidos culturais. "A produción de filmes, documentais, contidos dixitais e demais formatos audiovisuais para a súa emisión nas diferentes canles existentes (TV, cinemas, internet, cineclubs, redes e programacións públicas...) é unha mostra principal da vitalidade dunha lingua e dunha cultura, en tanto permite xerar discurso propio cara a si e cara os outros e articular un espazo de referencias propio e recoñecible, cunha dinámica autónoma e beneficiosa no sociocultural e no económico e ao tempo interconectada e aberta ao resto de espazos culturais do planeta", explÃcase nas bases da propia liña que destacan a "importancia estratéxica da existencia dun espazo de comunicación e cultura propio, vivo e que se desenvolva no noso idioma". Entre os criterios de valoración a convocatoria incorpora tamén o criterio de xénero, é dicir, valora a porcentaxe de mulleres no equipo técnico da produción, é dicir as persoas xefas e primeiras axudantes das equipas de dirección, produción, fotografÃa, iluminación, dirección de arte, son, montaxe e posprodución. A axuda non poderá superar o 80% do orzamento subvencionábel, cunha cantidade máxima por proxecto de 30.000 euros.