Novas | 2741 a 2750 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

13/04/2009
Mr.Misto presenta un proxecto para achegar cine infantil a toda a xeografía galega

O salón do Cabalo de Ferrol, Equiocio 2009 foi o punto de partida da Caixiña dos Mistos. Trátase dunha caravana ambulante que pretende dar a coñecer o cine a través de curtas, series e películas pensadas para os nenos e nenas. É un proxecto distribución e exhibición de cine infantil que pon en marcha a produtora Mr.Misto, que xa conta con experiencia neste tipo de iniciativas de divulgación de traballos audiovisuais. A caravana da Caixiña dos Mistos pretende chegar ao contorno rural, pero tamén a barrios de cidades e vilas galegas como alternativa lúdica e cultural.. Amplía a nova>>

13/04/2009
A segunda cadea da TVG amplía programación con documentais e series

G2, a segunda cadea da TVG, comezou a emitir o pasado mes de febreiro, pero mañá amplía o seu horario de programación para centrarse en contidos culturais. Desde este martes comezará a emitir os documentais Os océanos do home(producida polos catalás CPI en coprodución coa TVG) e Fauna (producida pola BBC), así como as series infantís Teletubbies e Doraemon, o gato cósmico. Entre os seus proxectos a por en marcha en breve destaca Xeración Xabarín, un programa que pretende recuperar os arquivos, reportaxes e vídeos musicais do Xabarín Club solicitados polos telespectadores. Ademais, a cadea informa que en breve comezarán unha segunda etapa de programación con series de ficción clásicas (Mareas Vivas ou Pratos Combinados).. Amplía a nova>>

08/04/2009
Quiosco: AG, revista do audiovisual galego

¿Como está o sector da dobraxe en Galicia? As respostas a esta pregunta están no último número de AG, a revista do adiovisual galego. Ademais do debate sobre a dobraxe no noso país, aborda a figura de Carlos Velo no centenario do seu nacemento, e entrevista a Eduardo Blanco, Pablo Trapero, Albert Serra, Fernando Tejero e Jorge Coscia. Completa este número oito un repaso ás últimas estreas, rodaxes e críticas así como a axenda do sector audiovisual.. Amplía a nova>>

07/04/2009
Curas catódicos

A sotana, a súa forma particular de comprender o mundo, os seus consellos pero, sobre todo, a súa problemática. Os curas son tamén personaxes atraíntes para o sector audiovisual. Non hai máis que ver que o inicio da última temporada de Padre Casares conseguiu un 36.4% de share, un dos máximos rexistros da historia da TVG, para percatarse do seu tirón. Pero non todo é Padre Casares. . Amplía a nova>>

07/04/2009
Os actores piden ao novo goberno que cumpra o Plan de Apoio Cinematográfico

Foi un dos asuntos máis polémicos da lexislatura do bipartito. O sector audiovisual mesmo chegou a reunirse co presidente, Emilio Pérez Touriño, esixindo que a Televisión de Galicia cumplira a lexislación que a obrigaba a destinar un 5% do orzamento ao apoio. Touriño comprometeuse personalmente co Plan de Apoio e Potenciación Cinematográfica (cun orzamento de 5 millóns) que foi posposto polo proceso electoral. Ante a situación, a Asociación de Actores e Actrices acaba de emitir un comunicado que esixe aos gobernos entrante e saínte a execución das convocatorias en marcha (ademais do Plan de Apoio Cinematográfico o Plan das Artes Escénicas) que supoñen traballo para 2.000 actores e actrices do país. . Amplía a nova>>

06/04/2009
A Coruña acollerá a primeira mostra de videoclips

Video Killed the Radio Star é o primeiro videoclip emitido pola MTV a principios de agosto de 1981. Ademais, dálle nome á primeira mostra de videoclips Cidade da Coruña, que se celebrará entre o 29 de xuño e o 4 de xullo. Polyrock, entidade organizadora deste certame, asegura que a mostra contará cun circuito de proxección nocturna en diferentes locais de lecer da cidade. O prazo de recepción de traballos (en DVD ou AVI e de menos de 10 minutos de duración) está aberto ata o 8 de maio.. Amplía a nova>>

06/04/2009
Os técnicos de audiovisual organizan un curso sobre fotografía cinematográfica

O futuro do sector audiovisual para polo mundo dixital. Por iso, a Asociación dos Técnicos do audiovisual entre as súas propostas acaba de preparar o seminario A captación de imaxes cinematográficas no mundo dixital. A proposta, coordinada e dirixida por Alfonso Parra (director de fotografía de películas como Eloxio da distancia) ten un perfil técnico, para profesionais interesados na fotografía cinematográfica, soportes de gravación de imágenes en Alta Definición Dixital de última xeración. As xornadas terán lugar en Arteria Noroeste (Rúa Das Salvadas, 2. A Parque Vista Alegre), entre o 20 e 23 de abril.. Amplía a nova>>

03/04/2009
O Consorcio Audiovisual dá a coñecer os traballos seleccionados do catálogo DOCS09

Bata por fuera (mujer por dentro), Afranio, El club de los sin techo e Malta Radio son os catro traballos seleccionados para facer parte de DOCS09, o catálogo de promoción de documentais do Consorcio Audiovisual. Un proxecto que lles garante ás produtoras seleccionadas a promoción e difusión en mercados e festivais nacionais e internacionais así como unha achega económica de 4.500 euros.. Amplía a nova>>

02/04/2009
A Coruña será a primeira cidade galega en ter unha sala de cine comercial en 3D

Cinesa e Fílmax anunciaron esta semana en que localidades nas que teñen salas de cine van implantar a tecnoloxía 3D (que dá sensación de tres dimensións co emprego de gafas especiais). A Coruña e Castelldefels serán as próximas localidades nas que Filmax vai incorporar o 3D nas súas salas. Deste xeito, A Coruña convértese na primeira cidade en ter unha sala 3D de Galicia de ámbito comercial (a DOMUS ten unha sala que emprega para proxeccións divulgativas). Polo demais, Cinesa anunciou que 27 das súas salas introducirán neste 2009 esa tecnoloxía pero ningunha será en Galicia. . Amplía a nova>>

02/04/2009
A comida improvisada

¿Cantas historias poden suceder durante unha comida? A resposta a esta pregunta dá título da última película de Jorge Coira. Unha produción que conta seis historias que suceden ao redor dunha mesa. 18 comidas é unha película diferente porque non ten un guión ao uso, os actores improvisan nos seus papeis a partir dos conflictos e os puntos de partida que lles dá o director. Luis Tosar (que tamén é produtor), Esperanza Pedreño, María Bouzas, Víctor Fábregas son algúns dos actores desta atípica película que fala das emocións e dos sentimentos.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org