Novas | 2771 a 2780 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

06/03/2009
Tosar gaña o premio San Pancracio pola súa interpretación en Casual day

Luis Tosar, Malena Alterio e Jaime de Armiñán son os gañadores dos Premios San Pancracio de Cine desta edición. Uns galardóns que se entregan o sábado no marco do XVI Festival Solidario de Cine Español de Cáceres. O actor galego recolle o premio pola súa interpretación de Cholo no filme Casual Day.. Amplía a nova>>

05/03/2009
O Festival de Cine de Ourense homenaxeará a Eduardo Blanco Amor

Este ano cúmprense 50 anos da publicación da novela de Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Por ese motivo, o festival de cine de Ourense renderá unha homenaxe ao escritor, dramaturgo e xornalista galego. Canda esta novidade xa se coñece o lema desta décimocuarta edición: “Ano Europeo da Creatividade e da Innovación”. Ademais, acaba de abrirse o prazo de recepción das seccións oficiais (longametraxes de ficción, documentais, curtametraxes de ficción, animación e novos media) dun festival que terá lugar do 10 ao 17 de outubro.. Amplía a nova>>

05/03/2009
O Clúster acode ao mercado de televisión de Cannes con espazo propio

Despois de varios anos asistindo a Cannes na caseta de ICEX-FAPAE, o Clúster Audiovisual Galego vai este ano con espazo propio. Unha forma de darlle máis visibilidade ás 15 empresas galegas que se desprazará ata a localidade francesa para asistir a un dos mercados máis importantes de televisión. A cita terá lugar do 30 de marzo ao 3 de abril e agárdase unha participación de 12.000 profesionais. Nas dez edicións que o sector audiovisual galego leva asistindo ao mercado, conseguíronse financiar 123 filmes que xeraron un volume de negocio de 800 millóns de euros. . Amplía a nova>>

05/03/2009
As mulleres collen o mando

Só o 9% das películas se producen en España son feitas por mulleres. Se buscamos un pouco máis alá e ampliamos a outras facetas como guión e produción, vemos a porcentaxe aumenta ata un 19%. Son cifras que ofrece a Asociación de Mulleres Cineastas e Medios Audiovisuais que revelan que a creación audiovisual é exclusivamente masculina. Hoxe achegámonos ao traballo das directoras galegas neste mundo dominado por eles (pero cada vez menos).. Amplía a nova>>

03/03/2009
Un informe recolle a actividade da Axencia Audiovisual Galega desde o seu nacemento

Transparencia, apoio á “democratización da produción”, esforzo de difusión e recuperación e conservación do patrimonio audiovisual galego son algúns dos piares da actividade da Axencia Audiovisual Galega na súa curta andaina. Así se recolle no informe “A modo de balance” que a entidade ten publicado no seu sitio web. Nel aparecen as dez liñas de actuación desta entidade dirixida por Manolo González (agora integrada dentro de AGADIC), así como as cifras desglosadas da actividade (apoiaron 453 proxectos nas convocatorias ofrecidas entre 2006 e 2008) e do sitio web (2.000 usuarios diarios) desde a súa constitución.. Amplía a nova>>

03/03/2009
Perro Verde Films opta a un premio do Cartoon Movie ao que asiste o Clúster

Mañá comeza en Lyon unha nova edición do Cartoon Movie, unha das citas imprescindibles do mercado de animación. Unha cita á que asiste o Clúster do Audiovisual Galego cunha delegación de sete empresas. Entre elas, Perro Verde Films asiste cun dobre obxectivo, xa que o seu filme O lince perdido, gañador do Goya este ano, opta aos premios Cartoon Movie Tributes 2009. Canda a esta empresa, Dygra Films levará o seu proxecto Holly Night que pretende estrear a finais deste ano.. Amplía a nova>>

03/03/2009
Numerosos ciclos enchen de cine toda Galicia

En francés, sobre a memoria de España, sobre Palestina ou de cine mudo. Son as temáticas dos diferentes ciclos que se organizan estes días en todo o país. O Centro de Linguas Modernas do campus lugués da Universidade de Santiago inicia hoxe o ciclo de cinema francófono que se desenvolve ao longo de todo o mes. En Pontevedra, a Universidade de Vigo acolle outro no que catro documentais pretenden recoller os cambios na vida dos españois. Pola súa banda, o concello de Ferrol e a ONG Solidariedade Internacional achega estes días un ciclo sobre Palestina para que a cidadanía teña as claves do conflito palestino-israelí. Por último, en Pontedeume desenvólvese estes días a oitava edición do ciclo de cine mudo e cómico. . Amplía a nova>>

02/03/2009
A segunda semana de xullo acollerá unha nova edición de Mundos Dixitais

É a gran cita do dixitalismo. Un festival que inclúe desde animación, arquitectura, videoxogos ou calquera ámbito que precise de computadores para o seu desenvolvemento. O festival Mundos Dixitais desenvolverase na Coruña entre o 8 e o 11 de xullo. Un certame que tamén incluirá o Festival Internacional de Curtametraxes de Animación na Fundación Caixa Galicia e do que xa se abriu o prazo de ntrega. Á falta de coñecer o programa das xornadas técnicas, xa ten confirmada a súa presenza o artista Álex Román, cunha conferencia sobre a arquitectura e a fotografía. . Amplía a nova>>

26/02/2009
CTV está a dixitalizar material dos seus 25 anos de traballo no sector audiovisual

É a factoría da que saíron series e programas de televisión como Pepe o inglés, Galicia express, ou Cifras e letras. CTV leva preto de 25 anos traballando no sector audiovisual, unha traxectoria que agora pretende arquivar cun catálogo. O proxecto pretende a dixitalización do seu vestiario e mobiliario, así como o material de vídeo.. Amplía a nova>>

26/02/2009
Un ciclo de cine analiza as problemática dos dereitos humanos

A manipulación xenética, a tortura, o xenocidio... son algúns dos temas que se analizarán no ciclo “Pensar el cine”. Un programa dirixido polo profesor da Universidade de Vigo Pablo Raúl Bonorino que repite sempre o mesmo esquema: proxeccións cinematográficas ás que lle seguirán sesións de debate. 1984, Un lugar en el sol ou Gattaka son algúns dos títulos que servirán de reflexión para os coloquios que contarán coa presenza de profesores e profesionais da área xurídica. O ciclo comezará o vindeiro 3 de marzo na aula magna da Facultade de Dereito de Ourense.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org