23/10/2023
Beli Martínez, Mariana Carballal e María Vázquez reciben os galardóns Mulleres no Foco
As actrices Mariana Carballal e María Vázquez, xunto coa produtora Beli Martínez foron as gañadoras da terceira edición dos premios Mulleres no Foco entregados este venres pasado no auditorio da sede de Afundación de Pontevedra, un certame promovido pola Deputación e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais, CIMA que ten o obxectivo de darlle visibilidade ao papel da muller no sector do audiovisual. Estas tres profesionais de dilatada e exitosa traxectoria foron as seleccionadas polo xurado, entre un total de vinte nomeadas, que "todas reunides os méritos suficientes para serdes merecedoras do Mulleres no Foco de 2024", admitiu o presidente do ente provincial Luis López. As tres subiron ao escenario a recoller un galardón dotado cun premio de 5.000 euros. .
Amplía a nova>>
20/10/2023
A premiada O home e o can estréase en 22 pantallas do país
Este venres 20 de outubro chega ás pantallas galegas a estrea de
O home e o can. A premiada longametraxe dirixida por Ángel de la Cruz e protagonizada por Manuel Manquiña e Paula Chaves proxéctase en quince localidade do país cun total de 22 salas cinematográficas..
Amplía a nova>>
18/10/2023
A Semana de Cine Euroárabe AMAL mantén as pontes co mundo árabe
"Ninguén está a salvo" é o lema co que se presenta a vixésima terceira edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, unha cita que usa o audiovisual para tender unha ponte entre dúas culturas tan necesaria como de actualidade estes días. Na presentación do programa de este ano o director de AMAL, o empresario Ghaleb Jaber Martínez, mandou unha mensaxe de "solidariedade e apoio ao pobo do meu pai", o pobo palestino, e condenou os asasinatos de vítimas civís de ambos os bandos. .
Amplía a nova>>
17/10/2023
'O Corno' levou xa aos cines a máis de 20.000 persoas
A estrea no circuíto comercial da longametraxe 'O Corno', de Jaione Camborda, convocou máis de 20 mil espectadores nos seus primeiros 5 días nos cines. As cifras desta chegada ao público, que coincidiu coa ponte festiva do 12 de outubro resultan espectaculares no contexto do audiovisual galego recente, cuxa anterior referencia foron os máis de 11.000 espectadores acadados na fin de semana de estrea por 'O que arde' no ano 2019. 'O Corno' estreouse este mércores 11 de outubro nun total de 82 salas en todo o territorio español -24 delas en Galicia-, o que supón a maior estrea en salas dun filme en versión orixinal galega da historia. Despois de acompañar as proxeccións do filme por localidades galegas como A Coruña, Santiago, Vilanova de Arousa, Vigo, Ferrol ou Lugo, o equipo da película continúa esta semana facendo presentacións e coloquios en cines de Madrid e Barcelona..
Amplía a nova>>
16/10/2023
INTERSECCIÓN amosará esta semana na Coruña máis de 150 obras audiovisuais
Este martes, 17 de outubro, comeza INTERSECCIÓN - Festival Internacional de Cine da Coruña, un certame que celebra xa a súa sexta edición e que converte a cidade nun referente do cine de vangarda e da arte audiovisual. A programación de INTERSECCIÓN estenderase ata o próximo 22 de outubro. Os cinéfilos máis inconformistas teñen unha cita na Coruña para gozar de 150 obras audiovisuais, entre elas 29 estreas mundiais e 28 estreas en España, procedentes de máis de 30 países como Israel, China, Xapón, Estados Unidos, Canadá, Francia, Italia, Alemaña, Israel, Malaisia, Uruguai ou Arxentina. Exposicións, actividades paralelas e actividades profesionais complementan unha programación que encherá o Teatro Colón, a Filmoteca de Galicia e a Fundación Luis Seoane de propostas audiovisuais exclusivas. O festival, en colaboración coa Academia de cine, organiza unha actividade para coñecer os Premios Goya desde dentro cos gañadores do Goya Laura Ferrés e Alberto Vázquez..
Amplía a nova>>
16/10/2023
Oito filmes recibirán o apoio do programa Pontevedra, plató de cinema
Catro longametraxes e outras tantas curtas repartirán os 90.000 euros con que a Deputación de Pontevedra apoia as rodaxes cinematográficas na provincia. A convocatoria
Pontevedra, plató de cinema achegará 25.000 euros ao proxecto
Castelao de Ángeles Huertas, que recibiu a máxima puntuación no apartado de filmes de longa duración..
Amplía a nova>>
11/10/2023
O ciclo Galicia é Cine leva cinco producións galegas ao exterior
O Centro Cultural España de Río Gallegos acolle este 12 de outubro a proxección do filme
Cuñados. A actividade abre o novo programa
Galicia é Cine, que desenvolve a Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Fundación Araguaney, que pretende achegar o cine galego de maior éxito aos centros galegos do mundo..
Amplía a nova>>
11/10/2023
'O Corno' Chega hoxe a 24 salas de Galicia e 82 en toda España
Tras o seu paso triunfal polos festivais de San Sebastián e Ourense, o público galego e español poderá ver hoxe a longametraxe 'O Corno' nos cines. Un total de 82 salas comerciais en todo o territorio español, 24 delas en Galicia acollen hoxe a estrea do filme. Trátase da maior estrea en salas dun filme en versión orixinal galega da historia. A segunda longametraxe da directora e guionista Jaione Camborda, foi obxecto onte dun pase especial de pre-estrea nos Cantones Cines da Coruña, onde estivo presente o equipo da película incluíndo ás actrices Janet Novás, Carla Rivas, María Lado, Belén Merino e o actor Felipe G. Pariente. Elastica Films distribuirá o filme nos cinemas do territorio español. As vendas internacionais corren a cargo de Films Boutique..
Amplía a nova>>
09/10/2023
Curtocircuíto premia as producións galegas de Xacio Baño e Uxía Gayoso
A vixésima edición do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto chega ao seu final cun acto de clausura no que se deron a coñecer os integrantes do palmarés desta 20ª edición. Xacio Baño, coa súa peza 'Non te vexo' recibiu o Premio CREA á mellor dirección galega e o Premio Galiza á mellor produción do noso país no certame. O Premio Supernova foi para ): "Noitevella 1999" de Uxía Gayoso e o galardón #OutraCompostela (patrocinado por Turismo de Galicia e Santiago de Compostela Film Commission) foi recaer en "Doddies" de Elena Vázquez, Irene Tobío e Beatriz Real. .
Amplía a nova>>
09/10/2023
Nós Televisión pon na rede o documental Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos
Este sábado 7 de outubro Nós Televisión estreaba na súa canle de Youtube o documental
Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos. Con esta produción, a cadea súmase ás celebracións do centenario desta institución a presentar "unha viaxe ao longo do territorio e da historia para divulgar unha historia aínda descoñecida para a meirande parte das galegas e dos galegos"..
Amplía a nova>>