Novas | 2561 a 2570 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

03/02/2010
Implantadas con normalidade dúas das tres fases da TDT

Era o gran handicap do ano, converter a migración do sistema analóxico a dixital da televisión. Dúas das tres fases nas que estaba previsto acometer o cambio (popularizado no “apagón analóxico”) desenvolvéronse con normalidade e o vindeiro 3 de abril, data de cesamento das emisións para todos os países da Unión Europea, o 98% estará cuberto. Con todo, existen segundo a Xunta de Galicia, un 2% da poboación que quedaron sen televisión por estar en zonas chamadas “de sombra”. Para eses habitantes a Xunta financiará instalación por satélite, moito máis custosa, e que se acometerá no mes de abril. Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios, acudiu ao Parlamento a explicar o procedemento de implantación da TDT que, na súa opinión, “está sendo mellor que a planificada”.. Amplía a nova>>

03/02/2010
CTV cumpre 25 anos dedicados á produción audiovisual

É a factoría da que saíron algúns dos programas máis célebres da Televisión de Galicia, como Pratos Combinados, Supermartes ou A noite meiga, o primeiro concurso emitido en prime time nesta cadea. CTV cumpre agora 25 anos de traballo dedicado ao sector audiovisual. Desde a súa creación, seis meses antes que nacera a mesma TVG, CTV contou tamén cunha escola, e un varios pratós de cine nos que se gravaron (e gravan) algúns dos programas máis populares dos que emite a cadea pública, como Luar.. Amplía a nova>>

02/02/2010
Auga fría de mar chega a Rotterdam logo de conseguir premios noutros festivais

Foi premiada no laboratorio cinematográfico do Festival de Torino, no de cine independente de Bos Aires e agora chega a Rotterdam. Auga fría de mar é unha coprodución galego-costarricense que conta a historia dunha parella que atpa a unha nena de sete anos (Karina) cando acode á costa do pacífico a vender a súa casa. É a primeira película de ficción que leva acabo a produtora galega Tic-Tac, que está nestes momentos a ultimar a película de Jorge Coira 18 comidas.. Amplía a nova>>

01/02/2010
Os directores galegos propoñen crear un programa de cine galego na TVG

Son malos tempos para a distribución de películas. Por iso, os directores e realizadores galegos propoñen crear unha rede ou circuíto de exhibición de cine galego e propor a creación dun programa de “Versión Galega” na televisión de Galicia. Son só algunhas propostas do plan de traballo que desenvolverá a nova xunta directiva de CREA, entidade que agrupa a directores e realizadores, elixida o pasado venres nunha xuntanza. Ángel de a Cruz (O bosque animado ou Os mortos van ás présas) substitúe no cargo a Xabier Bermúdez e contará no seu equipo con Héctor Carré (Dáme Lume, Dáme algo) e Jorge Coira (O ano da carracha), entre outros. . Amplía a nova>>

28/01/2010
Vedra acollerá obradoiros, proxeccións e conferencias sobre o audiovisual

María Bouzas, Juan Pablo Etxeberry, Alfonso Zarauza... son algúns dos profesionais que impartirán os diferentes cursos da III edición do Laboratorio Audiovisual de Vedra. Un encontro que contará con obradoiros, proxeccións (a nivel avanzado, iniciación e para alumnos de Secundaria) e conferencias sobre o sector audiovisual. O programa, cuxo prazo de inscrición xa está aberto, foi organizado pola Asociación Cultural Sen un peso e desenvolveranse na segunda quincena de febreiro.. Amplía a nova>>

28/01/2010
As historias do camiño

O Hostal dos Reis Católicos acolle esta noite a presentación de A Sinapse do Códice, un documental ficcionado que percorre o Camiño de Santiago a través dos ollos de Gildeberta de Flandes, considerada a primeira muller peregrina. Sara Casanovas, Miguel de Lira, Oscar Jaenada, Hugo Silva protagonizan este filme dirixido por Pablo Iglesias (Santiago, 1977) cuxa estrea se complementa coa edición dun libro, un DVD para a súa distribución mundial, e a súa presenza en festivais nacionais e internacionais.. Amplía a nova>>

27/01/2010
Rodrigo Cortés arrinca eloxios en Sundance coa súa película Buried

Curtido no eido publicitario, ten só unha película as súas costas (Concursante, producida por Continental e protagonizada por Leonardo Sbaraglia) e acaba de entusiasmar en Sundance, o festival de referencia da produción cinematográfica independente. Rodrigo Cortés (Ourense, 1973) dirixe a Buried, protagonizado por Ryan Reynolds que interepreta a un contratista civil en Irak que esperta enterrado vivo nun vellor ataud de madeira, cun teléfono móbil case esgotado. Producida por Versus Entertainment, estrearase en todo o mundo nos vindeiros meses. Amplía a nova>>

27/01/2010
Perdéndolle o pulso

A situación do sector audiovisual galego nestes momentos é máis propio dunha película de ciencia ficción. Principalmente porque é imposible obter cifras reais que nos permitan facer unha radiografía cuantificada do sector. Sen embargo, desde o Clúster Audiovisual Galego (CLAG) barallan que o descenso da produción no 2009 foi dun 30% e prevén que neste ano descenda aínda máis. O sector reuniuse a principios de xaneiro co presidente Alberto Núñez Feijóo e, alén da definición competencial na administración, reclamaron “un plan de choque”. . Amplía a nova>>

26/01/2010
Patricia Ferreira, Matilde Fernández e Carmen Pérez reciben o premios Diálogos 90

Son tres mulleres, destinaron a súa traxectoria profesional á cultura e a asociación viguesa Diálogos 90 acaba de nomealas “Viguesas distinguidas”. Patricia Fereira, é a directora de películas como Sei quen es ou Para que non me esquezas; Matilde González é directora da escavación do Castro e realizou numerosas prospeccións en Galicia; e Carmen Pérez Vaquero é unha difusora do galego no eido empresarial a través de colectivos como a Irmandade Xurídica Galega ou o Foro Peinador. O vindeiro domingo a asociación faralles entrega dos galardóns no Museo de Castrelos.. Amplía a nova>>

21/01/2010
A Academia do Audiovisual fai pública a listaxe de candidatos definitivos aos Mestre Mateo

101 producións audiovisuais compiten entre si para converterse nos mellores traballos de 2009. A Academia Galega do Audiovisual acaba de facer pública na súa web os candidatos definitivos que optan aos premios Mestre Mateo 09. Galadas, Un bo home, Cela 211, O club da Calceta, Conexión, O Nordés e Matalobos son as producións que optan a maior número de categorías. O seguinte paso na selección dos traballos finalistas terá lugar durante a primeira semana de febreiro co envío dos traballos en dvd a tódolos socios da Academia, e continuará na segunda semana de febreiro co envío das papeletas para verter os seus votos.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org