Novas | 2551 a 2560 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

18/02/2010
Amores soñados

Marisa Paredes, Irene Visedo, Eduard Fernandez son algúns dos actores protagonsitas de Amores tolos a última película de Mabuel Beda Docampo (Vigo, 1948). O filme, que chega mañá ás carteleiras, conta a historia de Xulia, unha traballadora do Museo do Prado quen pensa que ela máis Henrique, un psiquiatra que visita, son as reencarnacións de dúas personaxes que están retratadas nun cadro do Museo do Prado. Docampo, que desenvolveu parte da súa carreira en Arxentina, é director de películas como Quéreme ou Ollos que non ven. . Amplía a nova>>

17/02/2010
Un equipo galego queda segundo nun concurso de videoclips de The Prodigy

Run with the Wolves (Correndo cos lobos) é o título dunha das últimas cancións do coñecido grupo The Prodigy. Pero tamén o tema para o que había que facer un videoclip mediante o concurso que a formación británica convocou pola rede. De máis de trescentas propostas, o clip enviado por Omnivorous Tree (unha entidade creada por cinco ex empregados de Dygra, María Lodeiro, David Martín,Tamara Meiras, Sara Cueto e Rubén López Ares) quedou en segundo lugar nas votacións do público. Finalmente non foi elixido pola formación para ilustrar a súa canción pero serviu de carta de presentación para este prometedor equipo.. Amplía a nova>>

16/02/2010
Arrinca a IX edición de Mundos Dixitais abrindo o certame de animación

É a gran cita da animación dixital entendo por tal, efectos especiais, videoxogos, arquitectura dixital e animación, no concepto máis tradicional. A novena edición de Mundos Dixitais, que se desenvovlerá do 7 ao 10 de xullo na Coruña, acaba de arrincar. E fíxoo coa apertura do prazo de recepción de traballos para o certame de animación e que distinguirá os mellores traballos neste xénero (mellor curtametraxe de animación, mellor curta española máis os premios especiais do público e do xurado).. Amplía a nova>>

15/02/2010
Oitavo grao

“Hoxe é un día grande para Galicia” asegurou Enma Lustres, produtora de Cela 211, cando subiu a recoller o Goya a mellor película a mans de Pedro Almodóvar, no que foi o reencontrodo do manchego coa Academia. Puña fin así a unha noite na que a coprodución galega foi a gran gañadora da gala con oito estatuíñas. Entre elas a de mellor dirección, mellor actriz de reparto (Marta Etura), mellor guión adaptado e mellor montaxe. Luís Tosar fíxose co premio a mellor actor protagonista co que suma xa tres Goyas na súa carreira. A gala, presentada por Andreu Buenafuente, tamén tivo un recordo para os profesionais do sector finados recentemente, entre eles, Jose Luis Cabo, Eloy Lozano ou Andrés Pazos. . Amplía a nova>>

12/02/2010
O Consorcio Audiovisual abre o prazo de inscrición dos seus monográficos audiovisuais

Profesionais, xornalistas e estudantes relacionados co sector audiovisual poden preinscribirse nos cursos monográficos de inglés que organiza o Consorcio Audiovisual en colaboración con tres delegación da Escola Oficial de Idiomas. O prazo estará aberto desde hoxe ata o vindeiro 19 de febreiro e pode facerse no Consorcio Audiovisual mediante fax e correo electrónico.. Amplía a nova>>

11/02/2010
A Xunta adía a reforma da lei da CRTVG para o final da lexislatura

A lei de Comunicación e de Publicidade Institucional será a primeira do paquete de reformas do ámbito administrativo e xurídico que a Xunta prepara para o sector audiovisual. Así o comunicou o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, no Parlamento ao tempo que deixou claro que a tan anunciada reforma da CRTVG quedará para a segunda metade da lexislatura e que irá paralela a outra nova lei para o audiovisual galego. A lei da CRTVG concretará, tal e como anunciara Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios, hai uns meses “todas as dúbidas sobre o tipo de apoio do ente publico a series e programas, ás producións independentes e cultura, e como se seguirá o cumprimento do 5% da produción audiovisual”.. Amplía a nova>>

09/02/2010
O Festival de Cine de Ourense estende a súa programación ao resto do ano

En marzo celebrará o Día Intenracional da Muller con películas desta temática; colaborará co Cine Clube Padre Feijoo e na festas de Ourense fará proxeccións ao aire libre. O Festival de Cine de Ourense estende así as súas actividades fóra da súa semana oficial, que este ano se celebra do 1 ao 9 de outubro. O encontro ten un significado especial neste 2010, xa que cumpre 15 anos. A efeméride celebrarase cunha retrospectiva aos filmes que pasaron por este festival nestas datas e que será paralelo á sección competitiva (que repartirá 65.000 euros en premios). A inscrición para participar nesta edición xa está aberta e pódese facer a través da web.. Amplía a nova>>

08/02/2010
AGADIC volve convocar as axudas ao sector audiovisual por importe de 7.1 millóns de euros

Mentres continúa sen se aclarar o organigrama administrativo que afecta ao sector audiovisual, a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) convocará, por segundo ano consecutivo, as axudas para este sector. En total destinará 7.1 millóns de euros (280.000 euros máis que no 2009) a producir, desenvolver e amortizar os custos de producións de traballos audiovisuais. Malia que a convocatoria sairá publicada no DOG nos vindeiros días, desde Agadic aseguran que se seguirá na mesma liña do ano anterior (axudas automáticas, primas para directores noveis e para mulleres). Entre as novidades para este ano destaca que as series de animación se inclúen dentro das subvencións a producións ou coproducións audiovisuais. . Amplía a nova>>

05/02/2010
O ICAA convoca as axudas para o sector audiovisual por 83 millóns de euros

Despois do polémico bloqueo da Comisión Europea e da protesta de numerosos cineastas contra a orde ministerial que regulaba a Lei do Cine (e, polo tanto, as subvencións para o 2010) o BOE publicaba onte once liñas de axudas para este sector En total destinaránse 83 millóns de euros á produción de curtametraxes, realización de festivais, distribución de longametraxes, curtas e documentais españoles, comunitarios e iberoamericanos, entre outros conceptos. . Amplía a nova>>

03/02/2010
A rede acolle o primeiro documental colaborativo sobre o galego

Pequenas pezas nos que persoas do máis diverso explican a súa experiencia coa nosa lingua. Esta é a proposta que realiza a empresa A Navalla Suíza con Eufalo.tv, o primeiro documental colaborativo feito sobre o galego. Para alén dos videos que realizan os propios promotores, calquera persoa pode facer as súas achegas a este proxecto, conformando un fresco da realidade lingüística a pé de rúa. "Contamos coa túa colaboración para, entre todos, irlle poñendo caras ao Mapa Sociolingüístico de Galicia", aseguran desde o proxecto. Os responsables da iniciativa preséntannola no primeiro screencast de culturagalega.org. Recomendámosche velo a pantalla completa.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org