Novas | 2541 a 2550 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

12/03/2010
Un seminario analiza as imaxes de Galicia recollidas no NO-DO

Son moitos máis que imaxes de Galicia entre os anos corenta e setenta. As trinta horas do NO-DO cedidas en copia dixital no Centro Galego de Artes da Imaxe no 2007 documentan imaxes de actos sociais, estampas da época e acontecementos históricos de diversa índole. Por iso, un equipo interdisciplinar do Departamento de Ciencias da Comunicación está a estudar este material centrado na análise do discurso sobre Galicia ao tempo que alerta da riqeuza historiográfica e antropolóxica dos fondos audiovisuais. Esta investigación faise pública no seminario que ten lugar hoxe na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. O catedrático José luis Castro de paz, Julio Pérez Perucha, e Margarita Ledo Andión son algúns dos investigadores e participantes neste seminario.. Amplía a nova>>

10/03/2010
Doce concellos apagan hoxe a televisión analóxica co comezo da terceira fase da dixitalización

Cinco concellos da provincia d’A Coruña situados no Barbanza – Ribeira, A Pobra, Rianxo, Dodro e Boiro- , catro da provincia de Lugo- Monterroso, Antas de Ulla, Taboada e Palas de Rei-, e outros tres de Pontevedra –Cangas, Oia e Bueu- dan hoxe o paso definitivo á TDT. No que é o comezo da III Fase, última do proceso de implantación da televisión dixital, apáganse ás sinais analóxicas nos correspondentes repetidores destes concellos seguindo despois polos concellos que aínda restan ata o 2 de abril data na que, co apagado das áreas técnicas de Domaio e Páramo a maior parte das provincias de Lugo e Pontevedra , incluíndo as súas capitais e Vigo, deixarán de recibir sinais analóxicos de televisión. En total máis de un millón de cidadáns estarán afectados nesta fase do apagón.. Amplía a nova>>

04/03/2010
Proxectos no camiño

Estreas, rodaxes, desenvolvemento…. A falta da convocatoria de axudas deste ano, a reorganización do Consorcio Audiovisual de Galicia como entidade que coordine a política administrativa da Xunta, as produtoras seguen co seu traballo. Tic Tac Producións presenta o luns en Santiago Que Culpa ten o tomate, Ringo Rango roda en marzo Anos despois, Filmanova Doentes e Continental ultima a gravación de O sexo dos anxos. Son só un anticipo da produción deste 2010, repasamos algunhas das historias.. Amplía a nova>>

01/03/2010
Varios galegos no comité asesor de axudas do ICAA

Xosé Zapata (IB Cinema), Xurxo González (Xunta de Galicia) e Susana Maceiras (Adivina Produccións) son os tres galegos que figuran na listaxe de vogais dos comité de axudas á produción cinematográfica do Instituto da Cienamatografía e as Artes Audiovisuais (ICAA). Pero non son os únicos, xa que canda estes nomes, figuras outros vogais noutros comités como Dolores Ben para a produción de películas para televisión e series de animación sobre proxecto e María Yáñez para a realización de obras audiovisuais con novas tecnoloxías. Os seus nomeamentos teñen unha duración de dous anos.. Amplía a nova>>

26/02/2010
O Consorcio Audiovisual continúa á espera dun decreto para desenvolver as súas funcións

A piques de cumprise un ano do cambio de goberno, a Xunta aínda non ten fixado o organigrama administrativo en materia audiovisual. O presidente da Xunta de Galicia ten manifestado en diferentes ocasións, onte volveuno repetir na rolda de prensa posterior ao consello da Xunta, que estará nun único organismo e que este será o Consorcio Audiovisual de Galicia (entidade interadministrativa no que están desde diferentes departamentos da Xunta ata as deputacións). Pero a día de hoxe este organismo está sen director e sen persoal desde o pasado mes de decembro, á espera dun novo decreto que o lexitime para desenvolver composición e funcións. O gabinete da Secretaría Xeral de Medios asegura que o decreo está moi avanzado pero non aclara cando estará listo para levar o consello da Xunta para a súa posterior aprobación.. Amplía a nova>>

25/02/2010
Uns galegos prodixiosos

Quedar segundos nun certame internacional para elaborar o vindeiro video do célebre grupo The Prodigy, ten mérito. E aínda máis en sabendo que o produto se elaborou en apenas tres semanas, e que os seus responsables son un grupo de animadores en paro. A dixerir o éxito desta iniciativa, o colectivo Omnivorous Tree ultima os seus plans para se constituír como empresa e continuar o seu traballo na animación aproveitando as últimas novidades tecnolóxicas. Un dos membros, Ruben López Ares, explícanos polo miúdo esta iniciativa.. Amplía a nova>>

22/02/2010
Play Doc repasará a carreira de Raymond Depardon e de Jay Rosenblatt

A cita co cine documental xa quenta motores. A sexta edición de Play Doc arrincará o vindeiro 17 de marzo. Por diante quedan cinco días que exhibirán 31 filmes e nos que se poderá ver a retrospectiva do francés Raymond Depardon e do norteamericano Jay Rosenblatt. Os organizadores do certame continuarán potenciando as actividades paralelas do encontro e nesta ocasión tanto Antón Lamazares coma o escultor Manolo Paz encherán o apartado expositivo. Ademais, haberá concertos en directo dos norteamericanos The Spinto Band ou os angolanos Batida, que compartiran espazo cos creadores de La Blogotheque, unha das propostas audiovisuais máis interesantes que se poden atopar actualmente na rede.. Amplía a nova>>

22/02/2010
A renovación do Consorcio Audiovisual de Galicia chegará en marzo

Xa se sabía que sería o Consorcio Audiovisual de Galicia o organismo encargado de asumir as competencias en materia audiovisual (as que estaban na Axencia Galega das Industrias Culturais e as da Secretaría Xeral de Medios) o que non se sabía era cando se faría patente o novo modelo e como se fará. Tal e como avanzou Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios na presentación do filme Mar Libre, a modificación do decreto que regula a este organismo, será aprobado polo consello da Xunta este xoves. Trátase do primeiro paso necesario para o novo modelo para xestionar o sector audiovisual que concretará despois como e de que maneira de xestionarán as políticas públicas neste sector. Despois da aprobación e publicación do decreto que regula o Consorcio, reuniranse o smembros para aprobar os estatutos e nomear o seu director. . Amplía a nova>>

19/02/2010
Os documentais e as películas copan a convocatoria do plan de apoio da TVG

Esta semana concluíu o primeiro dos tres prazos establecidos pola CRTVG no marco do seu Plan de Apoio e Potenciación da Producción Cinematográfica e Audiovisual Galega para este 2010. En total presentáronse 86 proxectos (35 documentais, 24 producións cinematográficas e 13 tv-movies) e será en marzo cando se resolva a cales desas propostas se executa a precompra de determinados dereitos de explotación ou de emisión, así como de desenvolvemento. Os outros dous prazos que faltan para a presentación de proxectos rematna en maio e outubro.. Amplía a nova>>

18/02/2010
Os filmes do Festival Amal esténdense a todo o ano a través dun ciclo gratuito

Nin a disculpa do horario nin da crise. O festival Amal quere combater tópicos con As lúas de Amal un ciclo de cinema de temática árabe que será gratuíto e terá lugar todos os luns ás 22:00 horas no Salón de actos do Hotel Meliá Araguaney. Deste xeito o festival de Cine Amal sae fóra do que é a súa semana oficial en outubro e esténdese ao resto do ano. O ciclo inclúe outra novidade, xa que serán os espectadores os que poderán escoller o título a través da rede. Ademais desta iniciativa, o director do festival, Ghaleb Jaber Martínez, anunciou o proxecto As mostras de Amal co que pon a disposición de xestores e programadores culturais un catálogo de películas (longametraxes, curtametraxes, documentais....) cos que organizar ciclos de cinema árabe. Todos os títulos poderanse consultar en Internet e poderanse exhibir de xeito gratuito sempre e cando sexa con fins non lucrativos.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org