“Hoxe é un dÃa grande para Galicia” asegurou Enma Lustres, produtora de Cela 211, cando subiu a recoller o Goya a mellor pelÃcula a mans de Pedro Almodóvar, no que foi o reencontrodo do manchego coa Academia. Puña fin asà a unha noite na que a coprodución galega foi a gran gañadora da gala con oito estatuÃñas. Entre elas a de mellor dirección, mellor actriz de reparto (Marta Etura), mellor guión adaptado e mellor montaxe. LuÃs Tosar fÃxose co premio a mellor actor protagonista co que suma xa tres Goyas na súa carreira. A gala, presentada por Andreu Buenafuente, tamén tivo un recordo para os profesionais do sector finados recentemente, entre eles, Jose Luis Cabo, Eloy Lozano ou Andrés Pazos.